Hamburguesa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Rezabot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ne:ह्यामबर्गर
Liña 50: Liña 50:
[[ms:Hamburger]]
[[ms:Hamburger]]
[[nah:Hamburtēcanacatl]]
[[nah:Hamburtēcanacatl]]
[[ne:ह्यामबर्गर]]
[[nl:Hamburger]]
[[nl:Hamburger]]
[[no:Hamburger]]
[[no:Hamburger]]

Revisión como estaba o 10 de febreiro de 2012 ás 18:53

Unha hamburguesa clásica.

A hamburguesa é un alimento procesado en forma de sandwich cilíndrico que consta de carne picada e compactada cociñada á grella ou fritida. Preséntase entre dous pans lixeiros que posúen unha forma semiesférica que con frecuencia posúen sementes de sésamo na parte posterior. Adoita estar acompañada de aros de cebola, follas de leituga, algún toro de tomate, láminas de conservas en vinagre, etc. Así mesmo, é costume que sexa aliñada con algún condimento como o ketchup, a mostaza ou a maionesa e por veces cunha ou varias láminas de queixo procesado.

Etimoloxía

A palabra hamburguesa ven do inglés hamburguer, en relación á cidade de Hamburgo.

Historia

No ano 1500 AEC xa hai indicios de fabricación de carne picada, con aditivos e especias, co seu posterior embutido nunha pel onde se deixaba secar e transformar. Será logo, durante a época do Imperio romano e na Idade Media, cando este produto aumentará a súa fama. Na época da Revolución industrial, increméntase a reutilización do tecido adiposo e o tecido conxuntivo mesturándoo con outros tipos de carne. Desta forma, esta actividade que inicialmente era marxinal, pasa a esixir unha calidade dos animais de procedencia maior. O termo hamburguesa comézase a utilizar no 1884 na expresión Hamburguer steak ou Bistec de Hamburgo que era como se denominaba á carne molida que preparaban os inmigrantes alemáns que vivían en Estados Unidos. En 1885, a cidade de Hamburg en Nova York di inventar un sandwich con carne moida, que adopta o nome da cidade que o creou. Actualmente, este tipo de industria cárnica amósase como unha alternativa á carne fresca.

Bibliografía

Sánchez Pineda, M.T. (2003) Procesos de elaboración de alimentos y bebidas. Madrid: Ed. Mundi-prensa (en castelán)

Véxase tamén

Outros artigos