Carrán común: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: af:Gewone sterretjie
Prevert (conversa | contribucións)
Liña 19: Liña 19:
[[Ficheiro:SternaHirundoMissedCatch.jpg|thumb|240px|Perdendo unha presa]]
[[Ficheiro:SternaHirundoMissedCatch.jpg|thumb|240px|Perdendo unha presa]]
[[Ficheiro:SternaHirundoCatchB.jpg|thumb|240px|Pesca exitosa]]
[[Ficheiro:SternaHirundoCatchB.jpg|thumb|240px|Pesca exitosa]]
O '''carrán común''' (''Sterna hirundo'') é unha [[especie]] de [[ave]] [[Charadriiforme]] da [[familia (bioloxía)|familia]] [[Sternidae]]. É unha [[ave mariña]] de distribución circumpolar en rexións temperás e subárticas de [[Europa]], [[Asia]], leste e centro de [[Norteamérica]]. É un gran [[Migración de aves|migrador]], pasando o inverno en océanos [[tropical|tropicais]] e subtropicais. É ás veces coñecido coma anduriña de mar.
O '''carrán común''' (''Sterna hirundo'') é unha [[especie]] de [[Aves|ave]] [[Charadriiforme]] da [[familia (bioloxía)|familia]] [[Sternidae]]. É unha [[ave mariña]] de distribución circumpolar en rexións temperás e subárticas de [[Europa]], [[Asia]], leste e centro de [[Norteamérica]]. É un gran [[Migración de aves|migrador]], pasando o inverno en océanos [[tropical|tropicais]] e subtropicais. É ás veces coñecido coma anduriña de mar.


== Características ==
== Características ==

Revisión como estaba o 10 de febreiro de 2012 ás 11:30

Carrán común pescando
Perdendo unha presa
Pesca exitosa

O carrán común (Sterna hirundo) é unha especie de ave Charadriiforme da familia Sternidae. É unha ave mariña de distribución circumpolar en rexións temperás e subárticas de Europa, Asia, leste e centro de Norteamérica. É un gran migrador, pasando o inverno en océanos tropicais e subtropicais. É ás veces coñecido coma anduriña de mar.

Características

Este é un carrán de tamaño medio, 34-37 cm de longo e 70-80 cm coas ás estendidas. Confúndese doadamente co semellante carrán ártico (Sterna paradisaea) e o carrán rosado (Sterna dougallii).

O seu fino e afiado peteiro é vermello con extremos escuros. As longas patas son tamén vermellas. Sobre as ás ten unha cuña primaria escura, a diferenza do carrán ártico, no cal é gris uniforme. A súa longa cola esténdese só ata a punta das ás cando a ave está parada, a diferenza do carrán ártico e rosado, nos cales excede a punta das ás. Non é tan pálido coma o carrán rosado, e ten ás máis longas.

No inverno, a fronte e a parte ventral son brancas. Os carráns comúns xoves posúen unha extensa coloración de cor xenxibre e carecen do aspecto escamoso dos carráns rosados xuvenís.

O canto é un claro pip-pip, coma o carrán ártico pero máis lento e menos estridente.

Reprodución

Poñen de 2-4 ovos. É moi defensivo para co seu niño e crías novas e ataca aos humanos e outros depredadores grandes, mais a diferenza do máis agresivo carrán ártico raramente bate ao intruso, usualmente desviándose no último instante.

Alimentación

Esta especie aliméntase en colonias nas costas e illas e frecuentemente na terra en lagos de auga doce. Como todos os carráns, o carrán común aliméntase guindándose á auga para apañar peixes no mar ou en lagos de auga doce e grandes ríos. Usualmente mergúllase directamente, e non asomándose como fai o carrán ártico. A oferta do macho de peixe á femia é parte do ritual de apareamento. Os carráns comúns acadan unha idade de 23 anos ou máis nalgunhas ocasións.[1]

Conservación

O carrán común é unha das especies para as cales aplícase o Acordo para a Conservación de Aves Marítimas Migratorias Africanas-Asiáticas (EAWA).

Subespecies

Coñécense catro subespecies de carrán común:[2]

Referencias

  1. Austin, Oliver L. Sr. (1953): un Carrán Común de 23 anos. Bandadas de aves 24(1): 20. PDF fulltext
  2. Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names." (en inglés). Consultado o 24/07/09. 

Ligazóns externas