Ifixenia: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: sr:Ифигенија |
m r2.6.5) (Bot: Modifico: sk:Ifigeneia |
||
Liña 58: | Liña 58: | ||
[[ro:Ifigenia]] |
[[ro:Ifigenia]] |
||
[[ru:Ифигения]] |
[[ru:Ифигения]] |
||
[[sk: |
[[sk:Ifigeneia]] |
||
[[sq:Ifigjenia]] |
[[sq:Ifigjenia]] |
||
[[sr:Ифигенија]] |
[[sr:Ифигенија]] |
Revisión como estaba o 8 de febreiro de 2012 ás 19:40
Ifixenia era unha dos catro fillos de Agamenón, rei da cidade de Micenas, e da raíña Clitemnestra.
Ifixenia en Áulide
Agamenón incorrera na cólera de Artemisa, a deusa da caza, e a flota aquea atopábase paralizada en Áulide por unha calma persistente. Foi interrogando o adiviño Calcante e este respondeu que a cólera da deusa unicamente podería ser aplacada se Agamenón consentía en sacrificarlle á súa filla Ifixenia.
Agamenón negouse ó principio, mais, presionado pola opinión xeral houbo de ceder. Mandou vir á súa filla có pretexto de prometela con Aquiles, e ordeou que Calcante a inmolase no altar de Artemisa. Pero no instante supremo, a deusa apiadouse da rapaza e puxo no seu lugar, como vítima, unha cerva. Levouna a Táuride, e converteuna na súa sacerdotisa.
Ifixenia en Táuride
A rapaza vivíu moitos anos en Táuride ó servizo da deusa. A súa misión era sacrificar a todos os estranxeiros que algún naufraxio arroxaba á costa do país. Ata o día no que recoñeceu en dous forasteiros que ían conducidos á súa presencia para ser sacrificados, ó seu irmán Orestes e a Pílades, enviados polo oráculo de Delfos a Táuride en busca da estatua de Artemisa, de quen ela era sacerdotisa. Abandonando o seu sacerdocio, Ifixenia entregoulles as imaxes e fuxíu con eles a Grecia.
Fuxida de Ifixenia a Grecia
Durante a viaxe de regreso Ifixenia e o seu irmán xunto con Pílades, abordaron na cidade de Estemintio, na costa de Tróade, onde Apolo estaba un sacerdote,Crises, que tiña ó seu carón a un fillo da súa filla Crispida e de Agamenón, nacido durante o cativerio da rapaza no campamento grego. Este fillo chamábase como o seu avó, a quen sucedera como sacerdote. Pasaba por ser fillo de Apolo. Ao chegar os fuxitivos, perseguidos por Toante, rei de Táuride, o mozo Crises matou a Toante e seguiu ata Micenas cós seus irmáns.
Variantes do mito
Algunhas versións chegan a presentar a Ifixenia como a filla de Criseida, no lugar de Clitemnestra. Segundo esta variante, fora raptada por piratas na viaxe de regreso, cando Agamenón voltaba a Grecia despois da toma de Troia. O mozo Crises morrera en Crisópolis (Bitinia), cidade que se chamaba así na súa lembranza.
Outra variante torna a Ifixenia na filla que Teseo tivo de Helena cando a secuestrou antes do seu matrimonio.Salvada polos Dioscuros, os seus irmáns, Helena xuroulles que permanecera virxe. En realidade dera a luz clandestinamente a unha nena, que confiou á súa irmá Clitemnestra, a cal criouna como filla propia.
Distintos finais do mito
Contábase ás veces que Ifixenia morrera en Mégara, onde tiña un santuario; outras, que Artemisa concedéralle a inmortalidade, identificándoa coa deusa Hécate; outras veces, incluso que levaba unha vida misteriosa casada con Aquiles, na Illa Branca, na desenbocadura do Danubio. De este xeito teríase feito a unión de Ifixenia e Aquiles proxectada por Agamenón, nun principio, como pretexto, se ben despois teríana desexado Aquiles, e tal vez a mesma doncela e que só o sacrificio a impedira.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ifixenia |