Saltar para o conteúdo

Diferenzas entre revisións de «Máquina de vapor»

m
Desfixéronse as edicións de 85.56.223.124 (conversa); cambiado á última versión feita por HiW-Bot
m (Desfixéronse as edicións de 85.56.223.124 (conversa); cambiado á última versión feita por HiW-Bot)
Moitos foron os autores que tentaron determinar a data da invención da máquina de vapor atribuíndoa a tal ou cal inventor, intento van xa que a historia do seu desenvolvemento está chea de nomes propios. Dende a recompilación de Herón ata a sofisticada máquina de Watt son multitude as melloras que en Inglaterra e especialmente no contexto de unha incipiente [[Revolución industrial]] nos séculos XVII e XVIII conduciron sen solución de continuidade dende os rudimentarios primeiros aparatos sen aplicación práctica á invención do motor universal que chegou a implantarse en tódalas industrias e utilizarse no transporte desprazando os tradicionais ''motores'' como o animal de tiro, o muíño o a propia forza do home.
 
===Primeiras merdastentativas===
Entre as reliquias da civilización exipcia encontramos o primeiro rexistro coñecido dunha máquina de vapor no manuscrito de [[Herón de Alexandría]] titulado ''Spiritalia seu Pneumatica.'' Os aparatos alí descritos non se sabe con certeza se foron obra do enxeño de Herón porque el mesmo di na súa obra que a súa intención non é outra que recompilar as máquinas que xa eran coñecidas e engadir as inventadas por el. Nada no texto indica quen puido ser o artífice dos dispositivos descritos e sospéitase que moitos poidan ser en realidade obra de [[Ctesibio]] de quen Herón foi pupilo.
 
43

edicións