Illas da Sociedade: Diferenzas entre revisións
m r2.6.4) (Bot: Engado: oc:Illas de la Societat |
m r2.7.2+) (Bot: Engado: id:Kepulauan Masyarakat |
||
Liña 66: | Liña 66: | ||
[[he:איי החברה]] |
[[he:איי החברה]] |
||
[[hr:Društveni otoci]] |
[[hr:Društveni otoci]] |
||
[[id:Kepulauan Masyarakat]] |
|||
[[it:Isole della Società]] |
[[it:Isole della Società]] |
||
[[ja:ソシエテ諸島]] |
[[ja:ソシエテ諸島]] |
Revisión como estaba o 8 de febreiro de 2012 ás 04:52
As illas da Sociedade (Îles de la Société en francés) forman un arquipélago no Pacífico Sur, administrativamente parte da Polinesia Francesa. As illas convertéronse en protectorado francés en 1843 e en colonia en 1880. Ten unha poboación de 214.445 habitantes en 2002, cubrindo unha superficie duns 3.000 quilómetros cadrados.
Non existe un nome tahitiano para o arquipélago e utilízase a transcrición fonética T´taiete a partir do inglés Society.
As illas están divididas xeografica e administrativamente en dous grupos. De leste a oeste son:
- Illas do Vento (Îles du-Vent):
- Illas de Sotavento (Îles Sous-le-Vent):
A lenda das orixes
Existe unha lenda sobre a creación destas illas, recollida por Josep Maria de Sagarra no libro A ruta blava (A ruta azul). Di que antes había cinco lúas sobre o ceo de Tahití que tiñan un rostro humano, moito máis acusado que a Lúa actual. Quen as miraba fixamente volvíase tolo. O deus creador Taaroa, enfadado co seu maleficio, fíxoas tremer producindo grandes terremotos ata que caeron ao auga. As cinco lúas, ao caer, formaron as cinco illas ao oeste de Tahití: Moorea, Maiao, Huahine, Raiatea e Bora Bora.
A colonización
O neerlandés Jacob Roggeveen, en 1722, foi o primeiro europeo en atopar unha illa do arquipélago, a pequena Maupiti. Despois, Samuel Wallis, en 1767, descubriu Tahití. O francés Louis Antoine de Bougainville, en 1768, chamou ao arquipélago illas Borbón en honra á familia real francesa. O inglés James Cook, en 1767, chamouna Society Islands en honra á Sociedade Real de Londres, organizadora da viaxe.
Entre 1772 e 1775, o vicerrei de Perú, o catalán Manuel Amat e Juniet, organizou tres expedicións ás illas da Sociedade. Tendo noticia da expedición de James Cook, e ante o temor dunha colonización británica da illa, ordenou unha primeira expedición ao mando de Domingo Bonechea, con Tomás Gayangos de axudante, a bordo da fragata "Águila". Na segunda expedición (1774-1775), Domingo Bonechea e José Andía e Varela, a bordo dos barcos "Águila" e "Júpiter", recoñecen ou descobren unha ducia de illas entre os arquipélagos Tuamotu e das Illas Austrais, e establecen unha misión en Tahití, que non tivo éxito. Nesta expedición morreu Domingo Bonaechea, cuxa saúde estaba debilitada.
Os nomes españois utilizados para as illas foron:
- San Cristóbal: Mehetia.
- Amat: Tahití.
- Santo Domingo: Moorea.
- La Pelada: Maiao.
- Los Tres Hermanos: Tetiaroa.
- La Hermosa: Huahine.
- San Pedro: Bora Bora.
- La Princesa: Raiatea.
- San Antonio: Maupiti.
- Pájaros: Scilly.