Antoni Tàpies: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
lugar de falecemento
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Antoni Tàpies i la fundació IDIBELL.jpg|thumb|right|Tàpies en 2008.]]
[[Ficheiro:Antoni Tàpies i la fundació IDIBELL.jpg|thumb|right|Tàpies en 2008.]]
'''Antoni Tàpies i Puig''', nado en [[Barcelona]] o [[13 de decembro]] de [[1923]] e finado o [[6 de febreiro]] de [[2012]], foi un pintor, escultor e teórico da arte catalán.
'''Antoni Tàpies i Puig''', nado en [[Barcelona]] o [[13 de decembro]] de [[1923]] e finado na mesma cidade o [[6 de febreiro]] de [[2012]], foi un pintor, escultor e teórico da arte catalán.


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 7 de febreiro de 2012 ás 00:52

Tàpies en 2008.

Antoni Tàpies i Puig, nado en Barcelona o 13 de decembro de 1923 e finado na mesma cidade o 6 de febreiro de 2012, foi un pintor, escultor e teórico da arte catalán.

Traxectoria

É un dos principais expoñentes a nivel mundial do informalismo, está considerado como un dos máis destacados artistas ibéricos do século XX. A obra do artista catalán goza dun centro de estudo e conservación na Fundación Antoni Tàpies de Barcelona.

Autodidacta, creou un estilo propio dentro da arte de vangarda do século XX, cun estilo abstracto pero cheo de simbolismo, dando gran relevancia ao substrato material da obra. Cabe destacar o marcado sentido espiritual dado polo artista á súa obra, onde o soporte material transcende o seu estado para significar unha profunda análise da condición humana.

A obra de Tàpies tivo unha gran valoración a nivel tanto nacional como internacional, estando exposta nos máis prestixiosos museos do mundo. Ao longo da súa carreira recibiu numerosos premios e distincións, entre os que cabe destacar o Premio da Fundación Wolf das Artes (1981), a Medalla de Ouro da Generalitat de Cataluña (1983), o Premio Príncipe de Asturias das Artes (1990), a Medalla Picasso da Unesco (1993) e o Premio Velázquez de Artes Plásticas (2003). Como recoñecemento á súa traxectoria artística o rei español Xoán Carlos I outorgoulle o 9 de abril de 2010 o título de marqués de Tàpies.

Véxase tamén

Ligazóns externas