Wikipedia:Conflito de intereses: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Toliño (conversa | contribucións)
traio unha sección da política inglesa
Liña 8: Liña 8:

Editar baixo un conflito de intereses está, polo tanto, prohibido. Este tipo de edicións a miúdo violan políticas como o [[WP:PVN|punto de vista neutral]], [[WP:NON|o que a Wikipedia non é]] e o cumprimento dos [[Wikipedia:Dereitos de autor|dereitos de autor]], e dar como resultado un [[WP:BLOQUEO|bloqueo]] da conta implicada.

==Que é un conflito de intereses?==
{{VT|Wikipedia:O que a Wikipedia non é}}
A Wikipedia é unha enciclopedia, non o editorial dun xornal ou un foro para dar publicidade e promocionar unha persoa ou as ideas que este individuo teña. Como tal, unicamente debe conter material que estea de acordo coas súas políticas de contido. Deste xeito, os editores deben antepor os intereses da enciclopedia a calquera outro externo. Calquera usuario que faga primar os intereses que teña fóra da enciclopedia pode ser susceptible de incorrer nun conflito de intereses.

Con todo, non hai un criterio estrito que determine se existe ou non un conflito de intereses; se cada, si que hai algúns sinais de aviso. A adición de contidos que semelle promocionar os intereses ou a visibilidade do autor dun artigo, membros da familia do autor ou calquera empregado ou socio que teña, así como o seu negocio ou intereses persoais, sitúa ao editor nun conflito de intereses. Cando os editores escriben para promocionar os seus propios intereses, as súas contribucións amosan a miúdo unha falta de conexión co que un lector desinteresado querería consultar como referencia nunha enciclopedia. En caso de que alguén escriba un artigo sobre un tema no que estea involucrado persoalmente, cómpre que teña en conta aterse ao [[Wikipedia:Punto de vista neutral|ton neutral]] e citar [[Wikipedia:Verificabilidade|fontes]] publicadas acreditadas e independentes, e asegurarse de non esquecer aspectos importantes que deixen eivas no texto.

En caso de que un usuario suxira que alguén está a incorrer nun conflito de intereses, o mellor é acougar e tomalo con calma. Serío bo reflexionar e revisar detidamente os escritos. Logo disto, pódese iniciar unha conversa cordial tanto co usuario que sinalou esta posible irregularidade como coa comunidade, para tratar así de enmendar aqueles posibles problemas que teñan os textos.

==Conflitos de intereses==
==Conflitos de intereses==

Revisión como estaba o 6 de febreiro de 2012 ás 18:41

Esta é unha política que trata os conflitos de intereses por parte dos editores, poida que estiveses a buscar Wikipedia:Conflito de edición.
Atallo:
WP:CONFLITO

Na Wikipedia, un conflito de intereses é unha incompatibilidade entre o obxectivo da Wikipedia, que é producir unha enciclopedia imparcial baseada en fontes verificables, e os obxectivos particulares ou as intencións dun editor. Editar baixo un conflito de intereses significa colaborar na Wikipedia co fin de promocionar os intereses propios ou doutros individuos, compañías ou grupos. Antepor os intereses externos ao propósito da Wikipedia é incorrer nun conflito de intereses.

Editar baixo un conflito de intereses está, polo tanto, prohibido. Este tipo de edicións a miúdo violan políticas como o punto de vista neutral, o que a Wikipedia non é e o cumprimento dos dereitos de autor, e dar como resultado un bloqueo da conta implicada.

Que é un conflito de intereses?

A Wikipedia é unha enciclopedia, non o editorial dun xornal ou un foro para dar publicidade e promocionar unha persoa ou as ideas que este individuo teña. Como tal, unicamente debe conter material que estea de acordo coas súas políticas de contido. Deste xeito, os editores deben antepor os intereses da enciclopedia a calquera outro externo. Calquera usuario que faga primar os intereses que teña fóra da enciclopedia pode ser susceptible de incorrer nun conflito de intereses.

Con todo, non hai un criterio estrito que determine se existe ou non un conflito de intereses; se cada, si que hai algúns sinais de aviso. A adición de contidos que semelle promocionar os intereses ou a visibilidade do autor dun artigo, membros da familia do autor ou calquera empregado ou socio que teña, así como o seu negocio ou intereses persoais, sitúa ao editor nun conflito de intereses. Cando os editores escriben para promocionar os seus propios intereses, as súas contribucións amosan a miúdo unha falta de conexión co que un lector desinteresado querería consultar como referencia nunha enciclopedia. En caso de que alguén escriba un artigo sobre un tema no que estea involucrado persoalmente, cómpre que teña en conta aterse ao ton neutral e citar fontes publicadas acreditadas e independentes, e asegurarse de non esquecer aspectos importantes que deixen eivas no texto.

En caso de que un usuario suxira que alguén está a incorrer nun conflito de intereses, o mellor é acougar e tomalo con calma. Serío bo reflexionar e revisar detidamente os escritos. Logo disto, pódese iniciar unha conversa cordial tanto co usuario que sinalou esta posible irregularidade como coa comunidade, para tratar así de enmendar aqueles posibles problemas que teñan os textos.

Conflitos de intereses

Autobiografías

Na Wikipedia está completamente desaconsellado crear a autobiografía, escribir sobre un mesmo ou editar nun artigo sobre si mesmo. Tamén está mal visto que engada ligazóns para si noutros artigos. Teña en conta que a Wikipedia non é o lugar apropiado para publicar o seu currículo; se quere pode colaborar editando sobre outros temas nos que non estea implicado.

Aínda que vostede cree a súa biografía de boa fe ou por descoñecemento das regras do wiki, as edicións dese tipo serán percibidas pola comunidade como autopromoción, vangloria ou un xeito de querer influír no propio artigo. O descrito é un conflito de intereses, por favor, evite pórse nesas circunstancias. Se é merecente de aparecer nesta enciclopedia xa haberá algún colaborador con historial de edicións neste proxecto que cree a entrada sobre vostede. No caso de que o artigo exista e atope inexactitudes ou queira facer matizacións pode recorrer á páxina de conversa do artigo, aí pode editar sen as restricións aplicables á páxina da súa biografía. Para expor calquera dúbida pode facer uso do espazo de debate da Galipedia.

Cargar imaxes, sons, ficheiros multimedia sobre un mesmo das que dispón dos dereitos de autor non é un conflito de intereses, está aceptado, ademais agradecémoslle que o faga.

Nota: Se o artigo chega á Wikipedia en galego a través dunha tradución da entrada na Wikipedia noutra lingua tamén se considera un conflito de intereses se foi creado nas mesmas condicións.