Pedofilia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Néboa (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Néboa (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 28: Liña 28:
* [[Sexualidade]]
* [[Sexualidade]]


[[Categoria:Activismo pedófilo]]
[[Categoría:Activismo pedófilo]]
[[Categoría:Parafilias]]
[[Categoría:Parafilias]]
[[Categoría:Sexualidade]]
[[Categoría:Sexualidade]]

Revisión como estaba o 5 de febreiro de 2012 ás 10:18

Escena pedófila nun cadro de Martin Van Maele.

A pedofilia (do grego παιδοφιλια e este de παις-παιδος páis-paidós, «pícaro, cativo, neno», e φιλíα filía, «amizade») é unha parafilia consistente na atracción sexual cara a nenos que aínda non chegaron á puberdade. Esta tendencia non se traduce necesariamente na comisión de actos de carácter sexual.[1]

Características

Interpretación

Dende o punto de vista psicanalítico, a pedofilia é a incapacidade para manter unha relación amorosa adulta, e ten a súa orixe nun elemento narcisista que se manifesta na tendencia do pedófilo para amar no neno o seu propio ser na infancia, proporcionándolle ao cativo o trato que el recibiu ou o oposto.[1]

Conduta

Para ser clasificado como pedófilo unha persoa ten que ter 16 anos ou máis, ter polo menos 5 anos máis que o neno, ter actuado conforme á súa tendencia ou terse sentido trastornado por ela. As preferencias sexuais dos pedófilos son moi específicas e a súa conduta é normalmente crónica e moi duradeira.[2]

A conduta pedofílica pode adoptar diversas formas que van dende a exhibición das partes íntimas do corpo do pedófilo, bicar ou acariciar sexualmente o corpo do neno, tocar as súas partes íntimas, inducilo a tocar as partes íntimas do pedófilo ou realizar o coito co neno. Arredor do 12% dos homes e o 17% das mulleres reportaron ter sufrido tocamentos por unha persoa adulta cando eran nenos. A meirande parte das vítimas de pedofilia non buscan axuda dos servizos sociais e moitos non lle comunican á súa familia a agresión sufrida. A idade media á que se deciden a comunicarllo a alguén é de 44 anos.[3]

Repercusión social

Logo advertindo contra os pedófilos, Polonia.

Os medios de comunicación veñen prestando atención á pedofilia dende que se descubriu que un número importante de sacerdotes da Igrexa Católica abusou sexualmente de nenos e adolescentes. Este feito provocou a protesta pública e o pago de indemnizacións por cantidades moi elevadas. Como resultado deste escándalo moitos membros do clero foron despoxados do sacerdocio e outros enfróntanse a cargos legais.

Algúns pero non todos os violadores de nenos poden clasificarse como pedófilos. En xeral, a distinción que se fai entre pedófilos e outros delincuentes sexuais é que os pedófilos só se excitan cos nenos pero mostran ningunha ou menor excitación con persoas adultas. Porén na investigación da resposta sexual dos pedófilos empregando un pletismógrafo para medir a variación do tamaño do pene durante a exposición a estímulos, atopouse que algúns dos participantes con condutas pedofílicas no seu currículo responderon tanto a nenos como a adolescentes ou adultos. Unha hipótese que explicaría este feito mantén que algúns pedófilos escollen a nenos porque son inofensivos ou porque poden ser idealizados por seren capaces de dar amor incondicional.

Notas

  1. 1,0 1,1 GALLIMBERTI, U. Diccionario de psicología. Siglo XXI. ISBN 9682326184.  Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  2. SARASON, B.; SARASON, I.G. (2006). Psicopatología: psicología anormal : el problema de la conducta inadaptada. Pearson Educación. ISBN 9702608414.  Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  3. NAVARRO LINS, R.; BRAGA, F. O livro de ouro do sexo. Ediouro Publicações. ISBN 8500016337.  Ligazón externa en |title= (Axuda) (en portugués)

Véxase tamén

Outros artigos