Berke: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Modifico: uk:Беркей
HiW-Bot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: uk:Берке
Liña 34: Liña 34:
[[sl:Berke]]
[[sl:Berke]]
[[tr:Berke Han (Altınorda hanı)]]
[[tr:Berke Han (Altınorda hanı)]]
[[uk:Беркей]]
[[uk:Берке]]
[[zh:别儿哥]]
[[zh:别儿哥]]

Revisión como estaba o 4 de febreiro de 2012 ás 01:44

Berke Khan, finado en 1266, foi un líder mongol da dinastía de Jochi, o primoxénito de Genghis Khan, gobernador do subkhanato da Horda de Ouro e o primeiro príncipe mongol en converterse ao Islam e declarar unha guerra aberta contra outra dinastía mongola.

Traxectoria

Baixo as ordes do seu irmán, Batu Khan, participou na invasión mongola de Europa, arrasando Rusia, Polonia e Hungría e sometendo aos búgaros do Volga e os Kipchak. Cando Güyük foi elixido Gran Khan contra a vontade de Batu, os exércitos de Berke tiveron que vixiar a banda Leste dos dominios do seu irmán.

Un derviche chamado Saif ud-Din que ía nunha caravana cara Bukhara, foi interrogado por Berke verbo da súa fe e converteuno nun convencido musulmán. O propio Berke convertería ao seu irmán Turkh-timur

Xunto con Sartaq en 1251, e por encargo de Batu, encabezou o exército que protexeu a Mongke no seu traslado ao centro do Imperio para ser proclamado Gran Khan polo kurultai. O poderío e prestixio das súas tropas e as de Sartaq desprazaron á dinastía de Ögödei e Chagatai do poder mongol. Tras a morte de Sartaq, da que algúns o fan sospeitoso, e o breve reinado de Ulaghchi, gobernou con eficacia a Horda de Ouro. Esmagou os intentos de rebelión dos seus súbditos liderados por Daniel de Galitzia en 1259 e saqueou Polonia, Lituania, Bulgaria e a Tracia bizantina.

Un dos fins destas mortíferas correrías era fornecerse para unha campaña bélica contra os seu parente Hulagu Khan. Berke convertérase ao Islam e xurara vingarse do saqueo de Bagdad e da morte do Califa na campaña altamente destrutiva de Hulagu Khan contra o Imperio musulmán Abasida. Cando Hulagu volveu do kurultai que elixiu a Khublai Khan como Gran Khan, dirixiuse cara o Cáucaso. O sobriño de Berke, Nogai, derrotouno na batalla do río Terek (1262). O conflito continuaría co fillo de Hulagu Abaqa.

O mundo enxergaba por primeira vez unha guerra aberta entre os invencibles descendentes de Genghis Khan e contemplaban o fin da unidade do Imperio Mongol. Esta guerra freou o avance cara o centro de Europa da Horda de Ouro e supuxo o abandono dos propósitos de consolidar unha fronteira no Mediterráneo por parte do Ilkhanato de Hulagu Khan. Terra Santa xa nunca sería mongola e Europa, pola súa vez, comezaba a respirar.