Neurohipófise: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:
[[Ficheiro:Pituitary gland representation.PNG|thumb|right|Esquema da hipófise ou pituitaria, coa pituitaria posterior ou neurohipófise en azul.]]
[[Ficheiro:Pituitary gland representation.PNG|thumb|right|Esquema da hipófise ou pituitaria, coa pituitaria posterior ou neurohipófise en azul.]]
[[Ficheiro:Gray1181.png|thumb|right|Corte saxital medio dunha hipófise de mono.]]
[[Ficheiro:Gray1181.png|thumb|right|Corte saxital medio dunha hipófise de mono.]]
Precursor = [[Tubo neural]] (crecemento inferior do [[diencéfalo]])<ref>[http://www.med.unc.edu/embryo_images/unit-nervous/nerv_htms/nerv016a.htm Embryology at unc.edu]</ref> |

A '''neurohipófise''' ou '''pituitaria posterior''' comprende o lóbulo posterior da [[hipófise]] ou pituitaria do encéfalo e forma parte do [[sistema endócrino]]. Malia o seu nome, a neurohipófise non é unha verdadeira glándula ''per se''; senón máis ben está formada en grande parte por un conxunto de proxeccións [[axón]]icas procedentes do [[hipotálamo]] que terminan alí. Almacena e segrega hormonas, pero estas sintetizáronse no hipotálamo.

Liña 8: Liña 7:
==Anatomía==
==Anatomía==
A neurohipófise consta principalmente de proxeccións de [[neurona]]s ([[axón]]s) que proceden dos [[núcleo supraóptico|núcleos supraópticos]] e [[núcleo paraventricular|núcleos paraventriculares]] do [[hipotálamo]]. Estes axóns liberan [[hormona]]s peptídicas nos capilares hipofisarios. Ademais dos axóns, a neurohipófise tamén contén [[pituicito]]s, que son [[célula glial|células gliais]] especializadas parecidas a [[astrocito]]s.

Embrioloxicamente a neurohipófise orixínase como un divertículo da base do [[diencéfalo]], polo que ten unha orixe distinta da adenohipófise (derivada da bolsa de Rathke, un divertículo do estomodeo) <ref>[http://www.med.unc.edu/embryo_images/unit-nervous/nerv_htms/nerv016a.htm Embryology at unc.edu]</ref>.

A división anatómica da neurohipófise varía, pero a maioría das fontes divídena en tres rexións:
A división anatómica da neurohipófise varía, pero a maioría das fontes divídena en tres rexións:

Revisión como estaba o 1 de febreiro de 2012 ás 20:54

Esquema da hipófise ou pituitaria, coa pituitaria posterior ou neurohipófise en azul.
Corte saxital medio dunha hipófise de mono.

A neurohipófise ou pituitaria posterior comprende o lóbulo posterior da hipófise ou pituitaria do encéfalo e forma parte do sistema endócrino. Malia o seu nome, a neurohipófise non é unha verdadeira glándula per se; senón máis ben está formada en grande parte por un conxunto de proxeccións axónicas procedentes do hipotálamo que terminan alí. Almacena e segrega hormonas, pero estas sintetizáronse no hipotálamo.

Anatomía

A neurohipófise consta principalmente de proxeccións de neuronas (axóns) que proceden dos núcleos supraópticos e núcleos paraventriculares do hipotálamo. Estes axóns liberan hormonas peptídicas nos capilares hipofisarios. Ademais dos axóns, a neurohipófise tamén contén pituicitos, que son células gliais especializadas parecidas a astrocitos.

Embrioloxicamente a neurohipófise orixínase como un divertículo da base do diencéfalo, polo que ten unha orixe distinta da adenohipófise (derivada da bolsa de Rathke, un divertículo do estomodeo) [1].

A división anatómica da neurohipófise varía, pero a maioría das fontes divídena en tres rexións:

Pars nervosa
Tamén chamada lóbulo neural ou lóbulo posterior. Esta rexión constitúe a maioría do volume da neurohipófise e é o lugar onde se almacenan as hormonas oxitocina e vasopresina. Ás veces considérase (incorrectamente) sinónimo de neurohipófise. A pars nervosa inclúe os corpos de Herring e pituicitos. [2]
Talo infundibular
Tamén chamado infundíbulo ou talo da pituitaria. O talo infundibular une os sistemas hipotalámico e hipofisario.
Eminencia media
Só ás veces se inclúe como parte da neurohipófise. Outras fontes exclúena especificamente da hipófise. [3]

Unhas poucas fontes inclúen a pars intermedia da hipófise na neurohipófise, pero esta é unha opinión minoritaria. Os partidarios desta opción baséanse en que hai unha grosa separación anatómica entre a neurohipófise e a adenohipófise á longo dos restos da bolsa de Rathke, que fai que a pars intermedia permaneza unida á neurohipófise.

Hormonas segregadas

As hormonas que se liberan na neurohipófise son sintetizadas polo hipotálamo, pero se almacenan e segregan na neurohipófise á circulación sanguínea.

Hormona Outros nomes Símbolo(s) Diana Efecto Fonte
Oxitocina Pitocina (nome comercial) OT Útero, glándula mamaria Contraccións uterinas; lactación Núcleos supraópticos e paraventriculares
Vasopresina (hormona antidiurética) Arxinina-vasopresina, arxipresina, hormona antidiurética VP, AVP, ADH Riles ou arteriolas Estimula a retención de auga; eleva a presión sanguínea ao contraer as arteriolas, produce agresividade nos machos Núcleos supraópticos e paraventriculares

Enfermidades

Unha secreción insuficiente de vasopresina favorece a diabetes insípida, na cal o corpo perde a capacidade de concentrar a urina. Os individuos afectados excretan ata 20 litros de urina diluída diariamente. O exceso de secreción de vasopresina causa a síndrome de secreción inadecuada de hormona antidiurética (SIADH).

Galería de imaxes

Notas

  1. Embryology at unc.edu
  2. BUHistology - 14004loa [1]
  3. MeshName - Median+eminence [2]

Véxase tamén

Adenohipófise Hipófise