Parlamento autonómico: Diferenzas entre revisións
m Bot: Substitución automática de texto (-No entanto +Porén) |
m →Parlamento por comunidade autónoma: Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa |
||
Liña 116: | Liña 116: | ||
|- |
|- |
||
| [[Ficheiro:Flag of the Basque Country.svg|30px]] |
| [[Ficheiro:Flag of the Basque Country.svg|30px]] |
||
| [[País Vasco]] |
| [[Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa|País Vasco]] |
||
| [[Parlamento Vasco]] |
| [[Parlamento Vasco]] |
||
| [[Vitoria]] |
| [[Vitoria]] |
Revisión como estaba o 1 de febreiro de 2012 ás 06:28
Parlamento autonómico é a denominación habitual que se lle da en España á articulación do poder lexislativo en cada comunidade autónoma. A súa denominación en cada comunidade está fixada polos respectivos estatutos de autonomía. A Constitución Española de 1978 refírese a eles como Asembleas ou Asembleas Lexislativas (por exemplo, no artigo 152).
O Título VIII da Constitución Española regula os poderes executivos, xudicial e lexislativo en cada rexión. Aínda que o xudicial non é propio da Comunidade, senón que é único para toda España.
Composición e funcionamento
O parlamento autonómico está formado por representantes elixidos nas eleccións autonómicas que teñen lugar nas comunidades autónomas en maio cada catro anos. Como órgano lexislativo autónomo, elabora leis autonómicas. No caso de que estas afecten ao resto das Comunidades Autónomas pódense tratar nas Cortes Xerais, como proposición de lei. Tamén teñen como función controlar o consello do goberno de cada comunidade, procedendo a elixir o presidente de cada comunidade autónoma tras cada elección. Posúen tamén funcións económicas e orzamentarias, aprobando anualmente la lei de orzamento de cada comunidade e son os órganos competentes para nomear os senadores en representación da comunidade autónoma e outros altos órganos propios das mesmas.
Tamén teñen competencia para interpoñer ante o Tribunal Constitucional os recursos de inconstitucionalidade contra leis do Estado que puidesen afectar ás competencias da comunidade autónoma.
Os estatutos de autonomía, regulados pola Constitución, establecen que competencias son propias de cada comunidade autónoma, sendo o máximo corpo normativo para as rexións correspondentes. Así, as Comunidades teñen competencias sobre áreas de educación, sanidade, urbanismo, medio ambiente, etc. Porén, hai outros sectores que son de competencia exclusiva do Estado. Así, por exemplo, la Administración Periférica do Estado regula os aeroportos ou portos, convivindo coa Administración autonómica. Aínda que isto pode cambiar coa aprobación de reformas que podan afectar aos actuais estatutos de autonomía.
Cidades autónomas
Todas as comunidades autónomas teñen o seu propio parlamento. Non así as cidades autónomas, Ceuta e Melilla. No ano 1995 aprobouse nas Cortes Xerais un estatuto específico, que aínda que non lles concede capacidade lexislativa (principal diferencia coas comunidades autónomas), si lles permite propoñer eas Cortes as iniciativas lexislativas que consideren oportunas.