Célula delta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 14: Liña 14:
==Importancia clínica==
==Importancia clínica==
Os tumores de células delta denomínanse "[[somatostatinoma]]s".
Os tumores de células delta denomínanse "[[somatostatinoma]]s".

==Secreción==
A [[hormona]] [[somatostaina]] producida polas células delta e por algunhas [[neurona]]s é unha hormona peptídica de efectos inhibitorios. Inhibe a liberación da [[hormona do crecemento]], da [[TSH]] e das hormonas gastrointestinais, a [[insulina]] e o [[glicagón]], e inhibe a adenilciclase das [[célula parietal|células parietais]] do estómago. Contribúe a diminuír o baleiramento gástrico, e reduce o peristaltismo e fluxo sanguíneo intestinal, e a secreción exocrina pancreática.




[[Categoría:Histoloxía]]
[[Categoría:Histoloxía]]

Revisión como estaba o 26 de xaneiro de 2012 ás 19:58

Control da secereción ácida estomacal.

As células delta (células δ) ou células D son células produtoras de somatostatina, que se encontran nas paredes do estómago e intestino e nos illotes de Langerhans do páncreas.

Nos roedores as células delta do páncreas están localizadas na periferia dos illotes de Langerhans, pero nos humanos a arquitectura dos illotes está xeralmente menos organizada e as células delta poden aparecer tamén na parte central do illote.

Vistas con microscopio electronico, as células delta poden identificarse como células máis pequenas e con gránulos algo máis compactos ca as células beta dos illotes.

As células delta conteñen receptores CCKBR (que responden á gastrina), que aumentan a liberación de somatostatina, e receptores M3 (que responden á acetilcolina), que fan decrecer a liberación de somatostatina das células delta.

O péptido intestinal vasoactivo (VIP) actúa sobre as células delta causando unha maior liberación de somatostatina.

Importancia clínica

Os tumores de células delta denomínanse "somatostatinomas".

Secreción

A hormona somatostaina producida polas células delta e por algunhas neuronas é unha hormona peptídica de efectos inhibitorios. Inhibe a liberación da hormona do crecemento, da TSH e das hormonas gastrointestinais, a insulina e o glicagón, e inhibe a adenilciclase das células parietais do estómago. Contribúe a diminuír o baleiramento gástrico, e reduce o peristaltismo e fluxo sanguíneo intestinal, e a secreción exocrina pancreática.