Río Támese: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: my:သိမ်းမြစ်
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ta:தேம்சு ஆறு
Liña 103: Liña 103:
[[sr:Темза]]
[[sr:Темза]]
[[sv:Themsen]]
[[sv:Themsen]]
[[ta:தேம்சு ஆறு]]
[[tg:Дарёи Темза]]
[[tg:Дарёи Темза]]
[[th:แม่น้ำเทมส์]]
[[th:แม่น้ำเทมส์]]

Revisión como estaba o 25 de xaneiro de 2012 ás 05:27

Támese
[[Ficheiro:|250px]]
Curso do río Támese
PaísInglaterra
Lonxitude346
Conca12.935
Caudal medio65.8
DesembocaduraMar do Norte

O río Támese (en inglés Thames, pronunciado /temz/) é un río de Inglaterra que conecta Londres co mar. Hoxe en día é o río máis importante de Inglaterra e a principal fonte de abastecemento de auga en Londres.

Curso

As fontes do Támese atópanse preto da localidade de Kemble; segue logo ata Oxford, Wallingford, Reading, Henley-on-Thames, Marlow, Maidenhead, Eton, Windsor e Londres. O Támese ten unha lonxitude de 346 quilómetros e desemboca no Mar do Norte.

Historia

O Támese xeado(1677)
O Támese ao seu paso por Londres visto dende o London Eye

Durante o Pleistoceno, o primitivo río Támese fluía dende Gales ata Clancton-on-Sexa, percorrendo o que na actualidade é o Mar do Norte para rematar sendo un afluínte do Rin. Este curso bloqueouse por unha masa de xeo durante a Idade de Xeo. O río desviouse ata tomar o seu curso actual, chegando ata a que hoxe é a cidade de Londres.

Durante os séculos XVI e XVII, o río foi un dos principais medios de transporte entre Londres e Westminster. Durante os séculos XVII e XVIII, o río conxeouse en diversas ocasións. Dende entón, o Támese non se volveu a conxear totalmente. A construción dunha nova ponte de Londres, con menos alicerces cá antiga, permite que o río flúa con máis facilidade, evitaron que a corrente sexa demasiado lenta, o que permitiría a conxelación das augas.

A partir do século XIX o río comezou a contaminarse. A finais dese século e ata mediados do século XX, realizouse unha limpeza masiva do Támese. Na actualidade é un dos ríos máis limpos dos que flúen a través dunha gran cidade.

A regata Oxford-Cambridge

O Támese é o escenario dunha das carreiras máis populares do Reino Unido: a regata Oxford-Cambridge, que enfronta cada ano aos remeiros das universidades de Oxford e Cambridge.

Ligazóns externas