Mozambique: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Corrixo algunhas desviacións normativas
arranxiño
Liña 52: Liña 52:


== Historia ==
== Historia ==
A historia de Mozambique encóntrase documentada polo menos a partir do século X, cando un estudoso viaxante [[árabe]], [[Al-Masudi]] describiu unha importante actividade comercial entre as nacións da rexión do [[Golfo Pérsico]] e os "Zanx" da "Bilad as Sofala", que incluía grande parte da costa norte e centro do actual Mozambique.
A historia de Mozambique encóntrase documentada, polo menos, dende o século X, cando un estudoso viaxante [[árabe]], [[Al-Masudi]] describiu unha importante actividade comercial entre as nacións da rexión do [[Golfo Pérsico]] e os "Zanx" da "Bilad as Sofala", que abranguía grande parte da costa norte e centro do actual Mozambique.


Porén, varios achádegos arqueolóxicos permiten caracterizar a "prehistoria" de Mozambique (antes da escrita) por moitos séculos antes. Probablemente o evento máis importante desa prehistoria foi a fixación nesta rexión dos pobos [[Bantú]] que, non só eran agricultores, mais introduciron aquí a metalurxia do ferro, entre os séculos I a IV.
Porén, varios achádegos arqueolóxicos permiten caracterizar a prehistoria de Mozambique dende moitos séculos antes da escrita. Probablemente o evento máis importante desa prehistoria foi o asentamento nesta rexión dos pobos [[Bantú]] que, non só foron agricultores, senón que tamén introduciron a metalurxia do ferro, entre os séculos I a IV.


A penetración [[portugal|portuguesa]] en Mozambique, iniciada nos comezos do século XVI, só en 1885 - coa partilla de [[África]] polas potencias europeas durante a [[Conferencia de Berlín]] - transformouse nunha ocupación militar, ou sexa, na submisión total dos estados alí existentes, que levou, nos comezos do [[século XX]], a unha verdadeira administración colonial.
A penetración [[portugal|portuguesa]] en Mozambique, iniciada nos comezos do século XVI, só en 1885 - coa partilla de [[África]] polas potencias europeas durante a [[Conferencia de Berlín]] - transformouse nunha ocupación militar, ou sexa, na submisión total dos estados alí existentes, que levou, nos comezos do [[século XX]], a unha verdadeira administración colonial.
Liña 60: Liña 60:
Despois dunha guerra de liberación que durou preto de 10 anos, Mozambique tornouse independente o 25 de Xuño do [[1975]].
Despois dunha guerra de liberación que durou preto de 10 anos, Mozambique tornouse independente o 25 de Xuño do [[1975]].


Ademais de membro da [[Unión Africana]], Mozambique é tamén membro fundador da [[SADC]] - Comunidade para o Desenvolvimento da África Austral.
Ademais de membro da [[Unión Africana]], Mozambique é tamén membro fundador da [[SADC]] - Comunidade para o Desenvolvemento da África Austral.


[[Ficheiro:mz-map.png|thumb|200px|Mapa de Mozambique]]
[[Ficheiro:mz-map.png|thumb|200px|Mapa de Mozambique]]

== Política ==
== Política ==
{{AP|Política de Mozambique}}
{{AP|Política de Mozambique}}

Revisión como estaba o 24 de xaneiro de 2012 ás 16:59

Modelo:País Mozambique é un país da costa oriental da África Austral. Limita ao norte con Zambia, Malaui e Tanzania, ao leste co Canal de Mozambique e co océano Índico, ao sur e oeste con Sudáfrica e ao oeste con Suazilandia e Cimbabue. Máis alá do canal de Mozambique, o país ten ao leste as illas Comores, Madagascar, a posesión francesa de Mayotte e o departamento tamén francés de Reunión e as súas dependencias Xuan de Nova, Basas da Índia e Illa Europa. A súa capital é Maputo.

Historia

A historia de Mozambique encóntrase documentada, polo menos, dende o século X, cando un estudoso viaxante árabe, Al-Masudi describiu unha importante actividade comercial entre as nacións da rexión do Golfo Pérsico e os "Zanx" da "Bilad as Sofala", que abranguía grande parte da costa norte e centro do actual Mozambique.

Porén, varios achádegos arqueolóxicos permiten caracterizar a prehistoria de Mozambique dende moitos séculos antes da escrita. Probablemente o evento máis importante desa prehistoria foi o asentamento nesta rexión dos pobos Bantú que, non só foron agricultores, senón que tamén introduciron a metalurxia do ferro, entre os séculos I a IV.

A penetración portuguesa en Mozambique, iniciada nos comezos do século XVI, só en 1885 - coa partilla de África polas potencias europeas durante a Conferencia de Berlín - transformouse nunha ocupación militar, ou sexa, na submisión total dos estados alí existentes, que levou, nos comezos do século XX, a unha verdadeira administración colonial.

Despois dunha guerra de liberación que durou preto de 10 anos, Mozambique tornouse independente o 25 de Xuño do 1975.

Ademais de membro da Unión Africana, Mozambique é tamén membro fundador da SADC - Comunidade para o Desenvolvemento da África Austral.

Mapa de Mozambique

Política

Artigo principal: Política de Mozambique.

A Frelimo foi o movemento que loitou pola liberación desde o comezo da década de 1960. Despois da independencia, a Frelimo tornouse nun partido político e pasou a controlar o poder. Samora Machel ocupou a presidencia do país ata a sua morte no 1986. A Frelimo permaneceu no poder ata hoxe, tendo gañado en tres ocasións as eleccións multi-partidarias realizadas en 1994, 1999 e 2004. A Renamo é o principal partido de oposición.

Subdivisóns

Artigo principal: Subdivisións de Mozambique.

Mozambique está dividido en 11 provincias: Cabo Delgado, Gaza, Iñambane, Manica, Maputo (cidade), Maputo (provincia), Nampula, Niasa, Sofala, Tete, e Zambézia.

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Mozambique.

O país localízase na costa leste de África, na maior chaira costeira do continente (a metade do territorio do país encóntrase a 230 m sobre o nivel do mar). A cadea montañosa coñecida como Inyanga atópase ao oeste do país, alcanzando o seu máximo pico 2500 m. As maiores elevacións montañosas están a carón de Zimbabwe, Zambia e Malawi.

As costas son moi irregulares, estando cubertas por grandes pantanos. As praias son turísticas, con area fina branca e augas cristalinas,

O país está dividido polo río Zambeze.

Mozambique ten unha estación cálida e chuviosa dende novembro a marzo, e unha fresca con ventos secos dende xullo a setembro.


Economía

É unha das máis pobres do mundo.

Artigo principal: Economía de Mozambique.

Cultura

Feriados
Data Nome en portugués Observacións
1 de xaneiro Día da Fraternidade universal
3 de febreiro Día dos Heroes Mozambicanos En homenaxe a Eduardo Mondlane
7 de abril Día da Muller Mozambicana En homenaxe a Xosina Machel
1 de maio Día Internacional dos Traballadores
25 de xuño Dia da Independencia Nacional
25 de setembro Día das Forzas Armadas de Liberación Nacional En homenaxe ao inicio da Loita Armada de Liberación Nacional
4 de outubro Día da Paz En homenaxe ao Acordo Xeral de Paz
25 de decembro Día da Familia

Véxase tamén

Ligazóns externas