Soprete: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Cambiada Category:Pendente categoría
Liña 3: Liña 3:
Algunhas gaitas non fan uso do soprete e o ar insúflase mediante un fol mecánico accionado co brazo e ligado ao fol principal, como a [[gaita Uilleann]], a [[musette]] francesa ou a [[gaita de barquín]] galega.
Algunhas gaitas non fan uso do soprete e o ar insúflase mediante un fol mecánico accionado co brazo e ligado ao fol principal, como a [[gaita Uilleann]], a [[musette]] francesa ou a [[gaita de barquín]] galega.


[[Category:Pendente categoría]]
[[Category:PendenteCategoría]]

Revisión como estaba o 12 de outubro de 2006 ás 21:12

Na gaita, o soprete é o tubo que permite insuflar o fol. Fabrícanse en distintas madeiras, pero o bico ha de ser dun material que resista ao roce dos dentes. No extremo que vai no interior da buxa colócase o zapón, tapafolgos ou tapafoldros, unha válvula simple que permite que o aire entre no fol pero non que saia. Esta pode ser de pel, látex ou goma, e é preciso humedecela antes de tocar para que feche ben. De feito, o soprete, que é a peza da gaita que máis humidade recebe, debe gardarse sempre fora da buxa, para evitar que a humidade do alento degrade tanto o tapafolgos como a madeira do seu interior.

Algunhas gaitas non fan uso do soprete e o ar insúflase mediante un fol mecánico accionado co brazo e ligado ao fol principal, como a gaita Uilleann, a musette francesa ou a gaita de barquín galega.