Célula de Clara: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 17: Liña 17:


==Mecanismo==
==Mecanismo==
Os bronquiolos son as vías de transición entre as vías condutoras de aire e a porción respiratoria ([[alvéolo]]s) do aparato respiratorio. Os bronquiolos son estreitos, de non máis de 2 mm de diámetro e están revestidos por un epitelio cuboideo simple, formado por células ciliadas e células de Clara non ciliadas, que son exclusivas dos bronquiolos. A principal misión das células de Clara é sintetizar e segregar o material que reviste a luz do bronquiolo. Este material inclúe glicosaminoglicanos, proteínas como [[lisocima]]s, e conxugación da porción secretora dos [[anticorpo]]s IgA. Xogan un importante papel defensivo, e tamén contribúen á degradación do mucus producido polas células das vías aéreas superiores. A natureza heteroxénea dos gránulos densos presentes no interior das células de Clara suxire que non todos eles terían función secretora. Algúns poden conter encimas [[lisosoma|lisosómicos]], que terían unha función dixestiva, ou defensiva: as células de Clara fagocitan toxinas que chegan no aire inspirado e degrádanas por medio de encimas tipo [[citocromo P-450]] (especialmente CYP4B1, o cal está presente só nas células de Clara) do seu retículo endoplasmático liso; ou interveñen na reciclaxe de produtos de secreción. As células de Clara son [[mitose|mitoticamente]] activas. Divídense e diferéncianse formando tanto células epiteliais ciliadas coma non ciliadas.
The respiratory bronchioles represent the transition from the conducting portion to the respiratory portion of the respiratory system. The narrow channels are usually less than 2 mm in diameter and they are lined by a simple cuboidal epithelium, consisting of ciliated cells and non-ciliated Clara cells, which are unique to bronchioles. In addition to being structurally diverse, Clara cells are also functionally variable. One major function they carry out is the synthesis and secretion of the material lining the bronchiolar lumen. This material includes glycosaminoglycans, proteins such as lysozymes, and conjugation of the secretory portion of IgA antibodies. These play an important defensive role, and they also contribute to the degradation of the mucus produced by the upper airways. The heterogeneous nature of the dense granules within the Clara cell's cytoplasm suggests that they may not all have a secretory function. Some of them may contain lysosomal enzymes, which carry out a digestive role, either in defense: Clara cells engulf airborne toxins and break them down via their cytochrome P-450 enzymes (particularly CYP4B1, which is only present in the clara cells) present in their smooth endoplasmic reticulum; or in the recycling of secretory products. Clara cells are mitotically active cells. They divide and differentiate to form both ciliated and non-ciliated epithelial cells.


==Enfermidades==
==Enfermidades==

Revisión como estaba o 22 de xaneiro de 2012 ás 18:51

As células de Clara son células que se encontran no epitelio dos bronquiolos do aparato respiratorio, entre as células ciliadas de dito epitelio. [1] Segregan glicosaminoglicanos para protexer o revestimento interno do bronquiolo e diversas proteínas con propiedades similares a un surfactante. Cando os bronquios se van ramificando e estreitando orixinando bronquiolos, decrece progresivamente o número de células caliciformes, polo que deixa de producirse mucina, que é substituída por estas outras secrecións.

Tamén se lles chama células bronquiolares exócrinas.[2]

Características histolóxicas

A súa superficie apical redondeada dálles forma de cúpula, que sobresae por encima do nivel das células veciñas do epitelio ciliado. Presentan no seu citoplasma moitos gránulos secretorios densos, que son baleirados por exocitose. Presentan un extenso retículo endoplasmático liso na porción supranuclear do citoplasma. A diferenza das células veciñas carecen de cilios. [3] Teñen pequenos microvilli.

Historia e nome

As células de Clara reciben ese nome polo seu descubridor Max Clara, que as describiu en 1937. Max Clara (1899-1966) naceu no Tirol e foi un médico nazi, que utilizou nas súas investigacións e na descrición das células de Clara tecidos procedentes de vítimas executadas polo Terceiro Reich. [4] [5]

Funcións

A principal función das células de Clara é protexer o epitelio dos bronquiolos. Fano segregando diversos produtos, como a proteína secretora da célula de Clara (CCSP) e unha solución similar á do compoñente do surfactante pulmonar. Crese que tamén son responsables de detoxificar substancias nocivas inhaladas, que chegan aos bronquiolos. As células de Clara realizan isto utilizando os encimas citocromo P450 do seu retículo endoplasmático liso. Ademais, actúan como células nais, que se multiplican e diferencian en células ciliadas que rexeneran o epitelio bronquiolar. [6]

Mecanismo

Os bronquiolos son as vías de transición entre as vías condutoras de aire e a porción respiratoria (alvéolos) do aparato respiratorio. Os bronquiolos son estreitos, de non máis de 2 mm de diámetro e están revestidos por un epitelio cuboideo simple, formado por células ciliadas e células de Clara non ciliadas, que son exclusivas dos bronquiolos. A principal misión das células de Clara é sintetizar e segregar o material que reviste a luz do bronquiolo. Este material inclúe glicosaminoglicanos, proteínas como lisocimas, e conxugación da porción secretora dos anticorpos IgA. Xogan un importante papel defensivo, e tamén contribúen á degradación do mucus producido polas células das vías aéreas superiores. A natureza heteroxénea dos gránulos densos presentes no interior das células de Clara suxire que non todos eles terían función secretora. Algúns poden conter encimas lisosómicos, que terían unha función dixestiva, ou defensiva: as células de Clara fagocitan toxinas que chegan no aire inspirado e degrádanas por medio de encimas tipo citocromo P-450 (especialmente CYP4B1, o cal está presente só nas células de Clara) do seu retículo endoplasmático liso; ou interveñen na reciclaxe de produtos de secreción. As células de Clara son mitoticamente activas. Divídense e diferéncianse formando tanto células epiteliais ciliadas coma non ciliadas.

Enfermidades

As células de Clara conteñen triptase clara, que se pensa que é responsable de cortar a molécula de hemaglutinina presente na superficie do virus da gripe A, o que o activa e causa os síntomas da gripe. [7] Nos ratos, cando a proteína l7Rn6 é destruída, os animais mostran síntomnas de enfisema grave ao naceren como resultado da desorganización do aparato de Golgi e a formación de estruturas vesiculares aberrantes no interior das células de Clara. [8]

Notas

  1. Atkinson JJ, Adair-Kirk TL, Kelley DG, Demello D, Senior RM (2008). "Clara cell adhesion and migration to extracellular matrix". Respir. Res. 9 (1): 1. PMC 2249579. PMID 18179694. doi:10.1186/1465-9921-9-1. 
  2. Peter J. Papadakos, Burkhard Lachmann (29 August 2007). Elsevier Health Sciences, ed. Mechanical Ventilation: Clinical Applications and Pathophysiology. pp. 74–. ISBN 9780721601861. Consultado o 27 May 2011. 
  3. D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 744. ISBN 84-7605-361-4
  4. Winkelmann, Andreas; Noack, Thorsten (2010). "The Clara cell - a "Third Reich eponym"?". European Respiratory Journal Express 36 (4): 722–7. PMID 20223917. doi:10.1183/09031936.00146609. 
  5. Pringle, Heather (2010). "The Dilemma of Pernkopf's Atlas". Science 329 (5989): 274–275. PMID 20647444. doi:10.1126/science.329.5989.274-b. 
  6. http://medical-dictionary.thefreedictionary.com/Clara+cell
  7. Taubenberger JK (1998). "Influenza virus hemagglutinin cleavage into HA1, HA2: No laughing matter". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 95 (17): 9713–5. PMC 33880. PMID 9707539. doi:10.1073/pnas.95.17.9713.  Parámetro descoñecido |month= ignorado (Axuda)
  8. Fernández-Valdivia R, Zhang Y, Pai S, Metzker ML, Schumacher A (2006). "l7Rn6 Encodes a Novel Protein Required for Clara Cell Function in Mouse Lung Development". Genetics 172 (1): 389–99. PMC 1456166. PMID 16157679. doi:10.1534/genetics.105.048736.  Parámetro descoñecido |month= ignorado (Axuda)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas