Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m pendente categ |
m Bot: Cambiada Category:Pendente categoría |
||
Liña 15: | Liña 15: | ||
* [[Reintegracionismo]] |
* [[Reintegracionismo]] |
||
[[Category:PendenteCategoría]] |
|||
[[category:Pendente categoría]] |
Revisión como estaba o 12 de outubro de 2006 ás 20:24
As Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (NOMIG) son o documento en que se plasma o acordo de 3 de xullo de 1982 entre a Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en materia de unificación ortográfica e morfolóxica.
A elaboración das presentes Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego fíxose atendendo aos seguintes principios:
- A proximidade entre a lingua escrita e a lingua oral popular ha de ser máxima, para ser continuadora da lingua viva, pero tamén ten que depurar as interferencias producidas pola presión do español.
- O galego normativo ten que servir para a expresión de todas as persoas en todos os usos comunicativos e por tanto ha de ser supradialectal e representativo da diversidade dos falantes.
- A lingua moderna debe enraizar coa tradición escrita antiga e recente e debe dar preferencia ás formas tradicionais en detrimento das innovadoras.
- As escollas normativas deben ser harmónicas coas das outras linguas, especialmente coas romances en xeral e coa portuguesa en particular, que é considerado recurso fundamental para o léxico culto.