Xénese: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma grego > lingua grega
m r2.7.1) (Bot: Engado: rm:Prüm cudesch da Mose
Liña 154: Liña 154:
[[pt:Gênesis]]
[[pt:Gênesis]]
[[qu:Moysespa huk ñiqin qillqasqan]]
[[qu:Moysespa huk ñiqin qillqasqan]]
[[rm:Prüm cudesch da Mose]]
[[ro:Geneza]]
[[ro:Geneza]]
[[ru:Книга Бытия]]
[[ru:Книга Бытия]]

Revisión como estaba o 20 de xaneiro de 2012 ás 18:28

Adán e Eva de Dürer
A Creación de Adán, de Michelangelo
A Arca de Noé segundo Edward Hicks
Sacrificio de Isaac
Isaac dando a benzón para Xacob
Xosé vendido como escravo por seus irmáns.

O libro da Xénese, (do grego Γένεσις, "nacemento, creación, orixe", en hebreo תּוֹלֵדוֹת, "xeración", que prefire como título בְּרֵאשִׁית, Bereshit, "no principio"). É o primeiro libro da Torá ("A Lei"), e tamén o primeiro libro do Tanaj, a biblia hebrea (coñecida polos cristiáns como o Antigo Testamento). Fai parte dos primeiros cinco libros (Pentateuco), xunto con Éxodo, Levítico, Números e Deuteronomio, cuxa autoría é, tradicionalmente, atribuída a Moisés .

Narra acontecementos, desde a creación do mundo, na perspectiva xudaica (o chamado "relato da Xénese"), pasando polos Patriarcas, ata á fixación deste pobo no Exipto, despois da historia de Xosé.

  • Autor: Moisés (segundo a tradición xudía); ver o apartado sobre o tema.

Estrutura

O libro pódese dividir en dúas partes: relatos etiolóxicos e relatos dos patriarcas.

Relatos etiolóxicos

Correspóndese cos 11 primeiros capítulos do libro, son os relatos de: a creación do mundo (cap. 1), a creación do home e da muller (cap. 2), o pecado orixinal (cap. 3), Caín e Abel (cap. 4), patriarcas antediluvianos (cap. 5), Noé e o diluvio (caps. 6 a 10), a Torre de Babel (cap. 11).

Etioloxía significa busca das causas. Este é o obxectivo destes libros, tentar responder ao problema do mal ou, mellor dito, resolver a contradición entre a fe nun Deus criador dun mundo que é bo e a constatación de que no mundo existe o mal. En xeral, a resposta que dan estes relatos resúmese dicindo que o pecado do home é o que trae o mal ao mundo.

Polo tanto, non son relatos históricos. Están máis preto da cosmogonía ou da mitoloxía.

Relatos dos patriarcas

Ocupan o resto dos capítulos da Biblia. Os patriarcas son os "pais" do pobo de Israel, xefes de clans nómades adicados á gandería que se moven por unha ampla zona que comprende os actuais Iraq, Xordania, Israel e que remata en Exipto. Os relatos que conforman esta parte son sobre: Abraám, Lot, Isaac, Esaú e Xacob, Xosé.

Son relatos que teñen, polo menos, unha base histórica, sen desbotar o feito de que cos anos e a evolución que foron sufrindo os relatos orais que son a base dos escritos que coñecemos, a historia real estea deformada e magnificada.

Autoría

A tradición xudía dicía que Moisés era o autor do Pentateuco, autoría que foi asumida pola tradición cristiá ata o inicio dos estudos bíblicos no século XIX.

Neste momento os estudos coinciden en falar de dúas fases.

Primeiro, unha longa fase de tradición oral. O xudeus foron un pobo nómade ata o século VIII antes de Cristo, a transmisión da cultura era oral. Os relatos dos patriarcas foron transmitidos durante xeracións de pais a fillos, cada xeración conservou o herdado dos antergos e, como é normal nunha tradición que non está fixada nun texto, engadiron, deformaron, adaptaron da súa propia colleita.

Unha fase escrita, onde os autores cumpriron tres papeis: fixar na escrita toda a tradición oral; engadir material da súa propia autoría; e ordenar máis estruturar todo o material. Por exemplo, os relatos dos patriarcas teñen unha longa tradición oral e foron ordenados polos autores do texto escrito, pola contra o relato da creación do mundo foi feito polos autores escritores.

As tres fontes

A análise do texto revela diferenzas lingüísticas, de estilo, teolóxicas, etc. En base a este estudo estableceuse que os autores deste libro se agrupan en tres fontes: iavista, eloísta e sacerdotal. Estas tres fontes son, xunto coa chamada deuteronomista, as autoras de todo o Pentateuco.

Tradición iavista: Chámase así porque denomina a Deus Iavé (en hebreo co tetragrama sagrado YHWH). É a tradición máis anterga, arredor do ano -950. É unha tradición humanista, centrada na relación entre o ser humano e Deus. Considerada a de máis calidade literaria, da súa autoría son, por exemplo, os relatos da creación do home, no capítulo 2 do libro, ou boa parte do relato de Abraám.

Tradición eloísta: o seu nome vén de que chama Eloím a Deus. Aproximadamente dous séculos posterior no tempo á tradición Iavista. A formulación eloísta está máis preto da primitiva tradición oral e marca máis as distancias entre home e Deus.

Tradición sacerdotal: responsable, entre outros textos, da famosa creación do mundo en sete días. Dátase no século VI antes de Cristo. A súa preocupación e fundamentar as normas sobre pureza ritual. O seu nome vén de que, polo estilo e a teoloxía subxacente, se supón obra de sacerdotes do Templo de Xerusalén.

O texto actual

Os autores destas tres fontes tamén foron os responsables da forma actual do texto. Nun primeiro momento uníronse as tradicións iavista e elohísta. Posteriormente, os autores da tradición sacerdotal fixeron o seu engadido e, xuntando coas outras dúas tradicións, lle deron ao texto a forma que hoxe coñecemos.

Os autores, para ir creando o texto, utilizaron a xustaposición. Salvo en casos moi concretos, unha tradición uníase a outra, poñendo os materiais un a carón do outro ao longo dunha liña cronolóxica definida de antemán. Este método de construción do texto fai que en ocasións nos atopemos seguidas dúas versións dun mesmo relato. O exemplo máis famoso atopámolo na creación do mundo: hai un primeiro relato, o da creación do mundo en sete días, obra dos autores sacerdotais; a seguir dela empeza o relato iavista que pasa moi rápido pola criación do mundo para centrarse na creación do home e da muller.

Este sistema de traballo da lugar a un texto que pode resultar difícil para o lector, sobre todo o que se achega por primeira vez ao texto, ás veces o libro parece contradicirse, ou, noutros casos, cando rematou de explicar algo parece volver a empezar. Pero tamén ten dúas enormes vantaxes.

En primeiro lugar conserva os distintos matices que aportan cada unha das fontes que conforman o libro. Voltando ao relato da creación, gracias á xustaposición podemos apreciar o estilo cadencioso e solemne do relato sacerdotal e o próximo e vital do iavista; o Deus señor universal que crea o mundo en sete días, e o Deus próximo, máis antropomórfico, que se preocupa porque Adán está só e lle fai unha compañeira.

A segunda gran vantaxe e para os estudosos: lingüistas, literatos, historiadores. Que poden acceder, sen case atrancos, ás fontes orixinais do libro, o que facilita recorre-lo traballo de redacción coas distintas mans, as súas influencias...

Estudos e discusións

Postúlase que Abraám naceu na cidade de "Ur dos caldeos", termo repetido algunhas veces. Porén, os caldeos só xurdiron na rexión de Ur, ao leste da Mesopotamia, por volta do século IX a.C., polo menos 1000 anos despois do tempo suposto para a historia de Abraám. A propia diferenza nos estilos literarios e as historias aparentemente desconexas da vida de Abraám pode ser un indicativo de que tales historias foron compiladas en diferentes momentos, ou por diferentes autores, a partir dunha tradición oral transmitida por moitas xeracións.

Algúns estudosos acreditan que as historias de Isaac, en varios momentos tan semellantes ás de Abraám, sexan un recurso estilístico observado noutros pontes do relato bíblico (a recorrencia da cidade de Belén relacionada ao nacemento de David e Xesús para resaltar seu parentesco, por exemplo, aínda que Xesús nunca fose referido como belenense ou belemita, mais como nazareno), para realzar a ligazón entre os dous personaxes a través dos seus actos, fortalecendo a ligazón entre Israel, fillo de Isaac, e o patriarca Abraám.

A narrativa da historia de Xosé, que viña explicar a orixe das 12 Tribos de Israel, pode ter sido compilada por cronistas de Israel, no período en que os reinos de Israel e Xudá estiveron divididos, durante o primeiro milenio antes de Cristo, pois toda a narrativa realza a importancia e a nobreza de Xosé (pai das medias tribos de Efraín e Manasés, as tribos dominantes do Reino do Norte), en contrapartida coa indiferenza e a envexa de Xudá (a tribo predominante do Reino do Sur), reflectindo o rancor das tribos de Xosé e a tribo de Xudá naquel período. Ao final da narración, cando Xacob chega a Exipto e abenzoa aos seus fillos, á tribo de Xudá prometéselle que había reinar sobre todas as outras, o que contradí a finalidade do resto da narración.

Bibliografía

  • A Biblia, ed. SEPT, 1ª ed., Vigo 1989
  • SCHMIDT, Werner H.: Introducción al Antiguo Testamento, ed. Sígueme, Salamanca 1983
  • VON RAD, Gerhard: El libro del Génesis, ed. Sígueme, Salamanca 1982
  • CHAO REGO, Xosé: Introducción ao Xénesis, ed. SEPT, col. Xeira Nova, Santiago 1973

Ligazóns externas


Libro anterior:
Non
Xénese
(Pentateuco)
Libro seguinte:
Éxodo