Bernardo Barreiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Bernardo Barreiro de Vázquez Varela''', nado en Santiago de Compostela o 20 de xaneiro de 1850 e finado na Coruña o 27 de novembro de 1904, ..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 20 de xaneiro de 2012 ás 01:31

Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, nado en Santiago de Compostela o 20 de xaneiro de 1850 e finado na Coruña o 27 de novembro de 1904, foi un historiador, xornalista e poeta galego.

Traxectoria

Foi arquiveiro e dedicouse á pintura decorativa. Militante do Partido Republicano, foi secretario do Comité Revolucionario de Santiago de Compostela. Pola súa actividade política, exiliouse dúas veces en Arxentina. Os seus primeiros traballos apareceron en La Estrella Compostelana e La Aurora de Galicia. Fundou e dirixiu o xornal La Revolución e a revista Galicia Diplomática e colaborou en El Heraldo Gallego, Gaceta de Galicia, Revista Compostelana e Diario de Santiago.

Obras

Ensaio

  • Efemérides de Galicia, 1877.
  • Testimonio de la capitalidad de Galicia, 1882.
  • Guía histórica, arqueológica y militar de la antigua capital de Galicia, 1885.

Poesía

  • O desterro (Camiño de Portugal), 1879.

Véxase tamén

Ligazóns externas