Uridín trifosfato: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: pl:Urydynotrifosforan
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: pl:Urydyno-5'-trifosforan
Liña 36: Liña 36:
[[ja:ウリジン三リン酸]]
[[ja:ウリジン三リン酸]]
[[nl:Uridinetrifosfaat]]
[[nl:Uridinetrifosfaat]]
[[pl:Urydynotrifosforan]]
[[pl:Urydyno-5'-trifosforan]]
[[sr:Uridin-trifosfat]]
[[sr:Uridin-trifosfat]]
[[zh:三磷酸尿苷]]
[[zh:三磷酸尿苷]]

Revisión como estaba o 17 de xaneiro de 2012 ás 02:37

Uridín trifosfato.

O uridín trifosfato, tamén chamado trifosfato de uridina ou, abreviadamente, UTP, é un nucleótido de pirimidina formado polo nucleósido uridina esterificado en posición 5' cun grupo de tres fosfatos. Os seus compoñentes son: o azucre ribosa, unido á base nitroxenada uracilo por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' da ribosa e o nitróxeno en posición 1 da base, e esterificado en posición 5' cun grupo de 3 fosfatos, os cales se unen entre si por enlace anhidro.

Esta molécula encóntrase en todos os seres vivos e a súa principal función é proporcionar UMP para a transcrición de ARN, é dicir, perde dous fosfatos en forma de pirofosfato durante a síntese, e enlázase á cadea de ARN en formación como UMP[1].

O UTP tamén pode ser utilizado pola célula como fonte de enerxía en reaccións especializadas do metabolismo de carbohidratos. Así, o UTP pode unirse a outras moléculas, activándoas para unha determinada ruta metabólica, formando moléculas de UDP-sustrato coa conseguinte liberación dun fosfato inorgánico. Así, fórmanse moléculas como UDP-glicosa, UDP-galactosa ou UDP-glicuronato[1].

O UTP fórmase a partir do UMP, adquirindo o seu último fosfato do ATP nunha reacción, catalizada por unha quinase, como esta:

2 ATP + UMP 2 ADP + UTP.

Tamén se pode producir esta reacción co GTP:

GTP + UDP GDP + UTP.

Notas

  1. 1,0 1,1 Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988). Omega. ISBN 84-282-0738-0

Véxase tamén