Terceira vía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
+ categoria + iw
Elvire (conversa | contribucións)
m + iw
Liña 11: Liña 11:
[[Categoría:Orientacións políticas]]
[[Categoría:Orientacións políticas]]


[[de:Dritter Weg]]
[[en:Third Way (centrism)]]
[[en:Third Way (centrism)]]
[[es:Tercera Vía]]
[[es:Tercera Vía]]
[[fr:Troisième voie (politique)]]
[[fr:Troisième voie (politique)]]
[[ja:第三の道]]
[[nl:Derde Weg]]
[[pt:Terceira via]]
[[zh:第三种道路]]
[[zh:第三种道路]]

Revisión como estaba o 16 de xaneiro de 2012 ás 23:36

Hillary Clinton e Tony Blair en febreiro de 2009

A terceira vía é unha corrente da ideoloxía social-demócrata en voga a partir da década de 1990. Tenta reconciliar a dereita e a esquerda, a través dunha política económica conservadora e de unha política social progresista. A primeira vista, semella ser unha corrente que presenta unha conciliación entre capitalismo de libre mercado e o socialismo democrático. Xa que os defensores da terceira vía a ven como algo alén do capitalismo de libre mercado e do socialismo democrático. Esta afirmación dá pé á concepción alternativa da terceira vía como "centrismo radical".

A terceira vía ten a súa orixe no goberno laborista que xurdiu en Australia a finais da década de 1980. Gañou popularidade durante o goberno de Bill Clinton nos EUA, sendo tamén defendido pola súa muller, Hillary, durante a campaña presidencial de 2008. Tony Blair e a súa facción dentro do Partido Laborista, o Novo laborismo, foron os defensores máis entusiastas da corrente mentres este foi primeiro ministro británico.

Este pensamento defende un "Estado necesario", no que a súa interreferencia non sexa, nin máxima, como no socialismo, nin mínima, como no liberalismo. Tamén defende, entre outros puntos, a responsabilidade fiscal dos gobernantes, a loita contra a pobreza, unha presión tributaria proporcional aos ingresos, co Estado como responsábel d seguridade, saúde, educación e seguridade social.