Reino de Hungría: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
JAnDbot (conversa | contribucións)
m r2.5.2) (Bot: Engado: et, fa; elimino: nl; modifico: uk
Liña 41: Liña 41:
[[eo:Hungara reĝlando]]
[[eo:Hungara reĝlando]]
[[es:Reino de Hungría]]
[[es:Reino de Hungría]]
[[et:Ungari kuningriik]]
[[eu:Hungariako Erresuma]]
[[eu:Hungariako Erresuma]]
[[fa:پادشاهی مجارستان]]
[[fi:Unkarin kuningaskunta]]
[[fi:Unkarin kuningaskunta]]
[[fr:Royaume de Hongrie]]
[[fr:Royaume de Hongrie]]
Liña 53: Liña 55:
[[lt:Vengrijos karalystė]]
[[lt:Vengrijos karalystė]]
[[mk:Кралство Унгарија]]
[[mk:Кралство Унгарија]]
[[nl:Koninkrijk Hongarije (1000-1526)]]
[[nn:Kongedømet Ungarn]]
[[nn:Kongedømet Ungarn]]
[[no:Kongedømmet Ungarn]]
[[no:Kongedømmet Ungarn]]
Liña 68: Liña 69:
[[th:ราชอาณาจักรฮังการี]]
[[th:ราชอาณาจักรฮังการี]]
[[tr:Macaristan Krallığı]]
[[tr:Macaristan Krallığı]]
[[uk:Королівство Угорське (1000 — 1918)]]
[[uk:Угорське королівство]]
[[zh:匈牙利王国]]
[[zh:匈牙利王国]]
[[zh-min-nan:Magyar Ông-kok]]
[[zh-min-nan:Magyar Ông-kok]]

Revisión como estaba o 16 de xaneiro de 2012 ás 11:45

O reino de Hungría fundouse coa coroación de Estevo I de Hungría, no ano 1000. O seu nome orixinario era Vajk e descendía das tribos maxiares. O seu pai Géza fundou unha dinastía monárquica seguindo o exemplo das de Europa occidental. O reino estableceuse na rexión de Pannonia, antiga provincia romana invadida polos maxiares.

Estevo rematou en 1006 a pacificación do territorio e forzou a cristianización e feudalización do novo estado. Incorporou pequenos reinos, como Croacia e os territorios de Eslovaquia oriental.

No 1242 este pequeno pero puxante reino sufriu a invasión dos mongois. Baixo Béla IV de Hungría, a despoboación e pauperización do territorio era un feito. Por isto, e trala retirada dos invasores asiáticos, mandou construír unha liña de defensa consistente en fortalezas e prazas fortes, o que provocou o endebedamento do rei e a preponderancia das maiores casas nobres.

Unión co sacro imperio

A partir do século XIV, os reis foron febles para aplacar ós nobres e o reino tivo non poucos problemas para facer fronte ó Imperio Otomán. O segundo rei húngaro da cas anxevina (de Anjou) foi Luís I o Grande de Hungría (1342-1382) cuxo territorio abranguía dende o mar Negro ata o mar Adriático. A filla de Luis casa con Sexismundo, entroncando a casa real húngara coa do Sacro Imperio Romano Xermánico na dinastía luxemburguesa.

O derradeiro gran rei húngaro da Idade media foi Matías Corvinus, quen descendera dunha familia nobre. Estendeu as fronteiras ó sur contra os otomanos e ó noroeste contra o imperio xermánico. Durante o renacemento o reino sofre certas revoltas por parte de nobres descontentos e de campesiños, ata que en 1521 Nándorfehérvár (Belgrado) cae en mans turcas, e o exército húngaro é vencido na batalla de Mohács.

Dominación turca

En 1556 remata a expansión turca en Hungría e o que queda do reino, en mans da dinastía Habsburgo, divídese. Transilvania pasa a ser un estado vasalo do Imperio Otomán. Burgenland, Eslovaquia e Transdanubia pasan a ser posesións dos Habsburgo baixo o nome de Hungría Real. O título de rei de Hungría sería un mero formalismo nos emperadores alemáns, xa que a principal parte do reino caera en mans turcas. A poboación buscou a protección do Sultán de Istambul, quen non se meteu nos asuntos internos da poboación que ficou calvinista na maioría dos casos.

Dominación austríaca

En 1686 os austríacos conquistan Buda e en 1718 o reino de Hungría recupera a súa independencia polo tratado de Karlowitz, a capital en entón é Bratislava (hoxe capital de Eslovaquia). O século XVIII caracterizouse pola repoboación das terras devastadas e a inmigración de serbios, alemáns e austríacos.

Revolución

En 1848 estala unha revolución de corte nacionalista contra o dominio austríaco, pero carece de éxito por mor das propias correntes nacionalistas revolucionarias dos pobos do reino (alemáns, serbios, croatas; por aquel tempo as cidades de Buda e Pest eran de fala alemá). En abril de 1849, Hungría declara a independencia e o emperador Francisco Xosé pide axuda ó tsar Nicolás I de Rusia e os exércitos rusos invaden o país. Ata 1867 o país queda baixo control austríaco en "resistencia pasiva". Para calma-lo nacionalismo húngaro e por mor de problemas similares noutras partes do imperio, o emperador chega a un acordo coa nobreza liderada por Ferenc Deák, chegando ó Compromiso de 1867 que é o Ausgleich.

Véxase tamén

Outros artigos