Sincretismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: eu:Sinkretismo
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino homónimo de Creta
Liña 3: Liña 3:
== Etimoloxía ==
== Etimoloxía ==


A palabra provén do grego antigo ''sinkretismós'' ("coalición de dous adversarios contra un terceiro"), en alusión pexorativa aos [[Creta|cretenses]], a quen os [[Grecia|gregos]] consideraban [[traizón|traizoeiros]].
A palabra provén do grego antigo ''sinkretismós'' ("coalición de dous adversarios contra un terceiro"), en alusión pexorativa aos [[illa de Creta|cretenses]], a quen os [[Grecia|gregos]] consideraban [[traizón|traizoeiros]].


Isto pódese reflectir claramente coa chegada dos [[España|españois]] a [[América]] e [[Canarias]], coa fusión entre o [[cristianismo]] e as [[crenza]]s dos habitantes destas terras nesa [[época]], creando así unha mestura entre [[doutrina]]s, [[crenza]]s, [[tradición]]s e [[lenda]]s típicas de certos [[país]]es.
Isto pódese reflectir claramente coa chegada dos [[España|españois]] a [[América]] e [[Canarias]], coa fusión entre o [[cristianismo]] e as [[crenza]]s dos habitantes destas terras nesa [[época]], creando así unha mestura entre [[doutrina]]s, [[crenza]]s, [[tradición]]s e [[lenda]]s típicas de certos [[país]]es.

Revisión como estaba o 16 de xaneiro de 2012 ás 00:15

Sincretismo fai referencia ao sistema filosófico integrado por elementos que son froito da unión e conciliación de doutrinas distintas. Comunmente enténdese que estes axustes non gardan unha coherencia substancial. Tamén se utiliza en alusión á cultura ou a relixión para resaltar o seu carácter de fusión e asimilación de elementos diferentes.

Etimoloxía

A palabra provén do grego antigo sinkretismós ("coalición de dous adversarios contra un terceiro"), en alusión pexorativa aos cretenses, a quen os gregos consideraban traizoeiros.

Isto pódese reflectir claramente coa chegada dos españois a América e Canarias, coa fusión entre o cristianismo e as crenzas dos habitantes destas terras nesa época, creando así unha mestura entre doutrinas, crenzas, tradicións e lendas típicas de certos países.

O sincretismo nos novos movementos relixiosos

No contexto dos novos movementos relixiosos falar de sincretismo é falar da ''New Age'' ("nova era"). Na espiritualidade desta doutrina existen movementos de múltiples relixións e doutrinas, baseándose na crenza de que todas as relixións son basicamente unha con "distintas roupas". Isto, unido á súa popularidade, fai que a New Age sexa o máximo expoñente do sincretismo no contexto dos movementos sectarios.

Aínda que o sincretismo é un trazo típico da New Age, este fenómeno afecta tamén a outras seitas, e en xeral aplícase a aquelas que toman elementos prestados de distintas relixións ou credos para facelos propios.