Diferenzas entre revisións de «Trompa»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
m (r2.6.4) (Bot: Engado: id:French horn)
Entre os seus antecedentes pódese incluir a [[trompa de postillón]] medieval, os [[cornos reais]] de [[marfil]] de [[África]], o [[cornu]] romano, e o [[shofar]] xudeu, que deron lugar a trompas como o [[gran lur]] da antiga [[Escandinavia]]. Outros descendentes dos cornos son a [[trompa dos Alpes]], o [[clarín]], a [[corneta]], e a corneta renacentista ([[cornetto]]).
 
A [[trompa francesa]] de [[orquestra]] inventouse ao redor de [[1650]]. É unha versión en grande da [[trompa de caza]] que foi redeseñada cun tubo enrolado en círculo. A trompa de caza francesa, que se introduciu na orquestra a finais do [[século XVIII]], producía arredor de vinte dos [[harmónico]]s naturais. A trompa gañou máis flexibilidade contra 1750 coa invención da técnica de introdución da man dereita no [[pavillón]], co que se variaba a [[afinación]] das notas até un [[ton (música)|ton]]. A pesar deste avance, o excesivo tamaño dos tubos, chamados [[sección]]s, fixo necesario instalar moitas chaves. A invención das válvulas a finais de século XIX revolucionou a trompa, xa que permitiu variar a lonxitude do tubo movendo un dedo. A trompa en fa con tres [[válvula]]s pode producir unha [[escala cromática]] en tres [[oitava]]s, dende o Si2. Os intérpretes modernos usan a man no pavillón para variar a [[afinación]] e a cor do son.
 
A trompa en fa ten tres válvulas, seccións de tubería estreita que se abren ao final nun pavillón en forma de campá ancha, e boquilla de funil que xustifica o son brando e doce. A trompa tenor-baixo en fa e si bemol, introducida contra 1900, substituíu á trompa en fa. Equipada cunha válvula extra para prolongar o tubo até si bemol, ofrece vantaxes técnicas. As orquestras máis modernas inclúen catro destes instrumentos.
12.561

edicións

Menú de navegación