Ocaso: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 36: Liña 36:
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://fotodigital.home.sapo.pt/index_0.html Fotos do Ocaso]
* [http://fotodigital.home.sapo.pt/index_0.html Fotos do Ocaso]
* [http://http://www.astrored.org/usuarios/xgarciaf/orto1.htm Cálculo orto e ocaso] {{es}}

{{Día}}
{{Día}}



Revisión como estaba o 14 de xaneiro de 2012 ás 08:43

Solpor en Muxía
Diagrama do Sol ao solpor, mostrando os efectos da refracción atmosférica.
Esta imaxe mostra os continentes de África e Europa e a liña de penumbra, onde os seus habitantes verían a posta de Sol

Un astro está no ocaso cando atravesa o plano do horizonte pasando do hemisferio visible ao non visible -nas latitudes meridionais-, é dicir, cando a súa altura é cero en relación á liña do horizonte, pasando de positiva a negativa. No caso do Sol chamase solpor e determina o fin do día. O antónimo de ocaso é orto.

Na Grecia clásica as deusas do solpor eran as Hespérides (Hesperis era a personificación da Noite), mentras que a aurora era a deusa do amencer.

Técnicamente o ocaso comeza cando o limbo inferior da esfera helíaca toca e desaparece tanxente ao horizonte oeste local, e remata cando o limbo superior da esfera helíaca desaparece tanxente ao horizonte oeste local.

O crepúsculo que ocorre despois do solpor e coñecido informalmente como "entre lusco e fusco" (entre o día e a noite).

As estrelas circumpolares ao estar situadas nas latitudes homónimas (circumpolares) non teñen ocaso nin orto. En relación ao Sol nas latitudes polares producese unha noite de seis meses e un día de outros seis, isto é, un orto e un ocaso cada ano.

Co transcurso do ano, o Sol vai cambiando o lugar por onde se pon nas latitudes medias. Nos equinoccios ponse polo oeste, sendo os dous únicos días do ano que sucede este fenómeno.

En primavera e verán para o hemisferio norte ponse entre o oeste e o norte (declinación positiva); en outono e inverno o seu ocaso é entre o oeste e o sur (declinación negativa). Simultaneamente, para o hemisferio sur é outono e inverno (ocaso entre o oeste e o norte) ou primavera e verán (ocaso entre o oeste e o sur).

Efectos da refracción atmosférica

A refracción da luz solar ao chegar á atmosfera terrestre fai que chegue a luz cando o Sol xa non se atopa no horizonte real, facendo que vexamos o sol, cando está a 0,83º por embaixo do horizonte real cando o vemos poñerse ao solpor. Medido dende o mediodía local, o ocaso caracterízase polo ángulo horario Φ, onde:

sendo λ a latitude do lugar (do observador), e δ a declinación solar(nese intre). No orto acontece nun ángulo horario -Φ.

O termo crepúsculo vespertino é unha descrición verbal do mesmo fenómeno físico xusto despois da posta do sol, alongando a duración do día despois do solpor.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas