Servizo de Correos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
referencia
Liña 39: Liña 39:


Aparecen personaxes femininos da vida de Bukowski, como Jane Cooney Baker ("Betty"), que era alcohólica e 11 anos maior, ou a súa primeira muller, Barbara Frye ("Joyce"),que aparece retratada coma unha [[ninfomanía|ninfómana]].
Aparecen personaxes femininos da vida de Bukowski, como Jane Cooney Baker ("Betty"), que era alcohólica e 11 anos maior, ou a súa primeira muller, Barbara Frye ("Joyce"),que aparece retratada coma unha [[ninfomanía|ninfómana]].

== Referencias ==
{{referencias}}


[[Categoría:Obras narrativas en inglés]]
[[Categoría:Obras narrativas en inglés]]

Revisión como estaba o 10 de xaneiro de 2012 ás 14:16

Servizo de Correos
Título orixinalPost Office
Autor/aCharles Bukowski
OrixeEstados Unidos
Linguainglés
Xénero(s)Novela, Realismo sucio
EditorialBlack Sparrow Books
Data de pub.1971
Formatorústica
editar datos en Wikidata ]

Servizo de Correos ou Post Office é unha novela escrita en inglés por Charles Bukowski e publicada en 1971 por Black Sparrow Books e en galego en 2011 pola editorial Hugin e Munin[1]. Do mesmo modo que Pan con xamón está considerada unha obra autobiográfica da súa infancia, esta novela é unha autobiografía dos seus anos posteriores. Está protagonizada por Henry Chinaski, o alter ego de Bukowski.

Trama

Chinaski consigue traballo en Los Angeles como carteiro substituto do Servizo Postal dos Estados Unidos. Na primeira etapa, repartindo sen rutas fixas, adoita tardar máis do establecido, o que lle supón rifas dos xefes. Despois consegue unha ruta fixa, pero ao pouco decide deixalo. Casa e marcha a Texas, pero regresa na procura doutros traballos. Pouco despois, divórciase e regresa ás estafetas.

Logo dun período de dous anos, convértese en fixo, e o traballo na oficina vólvese rutinario e aburrido. Sobrelévao con borracheiras, mulleres (e cunha filla) e apostando nos hipódromos.


Narración

Esta é a primeira novela de Bukowski, e está "dedicada a ninguén". Nela, o autor ten unha cínica visión do mundo. Cobre o período en que traballou de carteiro, desde 1952 aproximadamente até 3 anos despois, e desde o seu regreso en 1958 até 1969.

Segundo o documental Born into This, o fundador e propietario de Black Sparrow Press, John Martin, ofreceu a Bukowski 100 $ ao mes para o resto da vida se deixaba de traballar de carteiro e se dedicaba a escribir a tempo completo. Aceptou, e escribiu esta obra en "vinte e unha noites", segundo di ao comezo de Women.

Aparecen personaxes femininos da vida de Bukowski, como Jane Cooney Baker ("Betty"), que era alcohólica e 11 anos maior, ou a súa primeira muller, Barbara Frye ("Joyce"),que aparece retratada coma unha ninfómana.

Referencias