Orto: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
|||
Liña 4: | Liña 4: | ||
== Efectos da refracción atmosférica == |
== Efectos da refracción atmosférica == |
||
[[Ficheiro: |
[[Ficheiro:angulo_orto_ocaso.svg|right|thumb|500px|Diagrama do Sol ao amencer, mostrando os efectos da refracción atmosférica.]] |
||
A refracción da luz solar ao chegar á atmosfera terrestre fai que chegue a luz cando o Sol aínda non se atopa no horizonte real, facendo que vexamos saír o sol, cando aínda está a 0,83[[Grao|º]] do horizonte real cando o vemos saír pola mañá. |
A refracción da luz solar ao chegar á atmosfera terrestre fai que chegue a luz cando o Sol aínda non se atopa no horizonte real, facendo que vexamos saír o sol, cando aínda está a 0,83[[Grao|º]] do horizonte real cando o vemos saír pola mañá. |
Revisión como estaba o 8 de xaneiro de 2012 ás 19:57
Orto significa levantamento ou saída dun astro dende o plano horizontal leste. É resultado da rotación terrestre de oeste a leste, que fai que para o observador terrestre pareza que a estrela sae polo leste e se pon polo oeste. Polo tanto, o orto do Sol equivale ao amencer terrestre (existindo amenceres en cada corpo celeste que orbita unha estrela). No seu uso cotián amencer fai referencia ao período de tempo entre o clarear do día e a saída total do sol polo leste. Técnicamente o orto prodúcese cando o limbo superior da esfera helíaca aparece tanxente ao horizonte leste local, e remata cando o limbo inferior da esfera helíaca aparece tanxente ao horizonte leste local.
Efectos da refracción atmosférica
A refracción da luz solar ao chegar á atmosfera terrestre fai que chegue a luz cando o Sol aínda non se atopa no horizonte real, facendo que vexamos saír o sol, cando aínda está a 0,83º do horizonte real cando o vemos saír pola mañá. Medido dende o mediodía local, o orto caracterízase polo ángulo horario -Φ, onde:
sendo λ a latitude do lugar, e δ a declinación solar. No ocaso acontece nun ángulo horario Φ.
Os termos aurora (do latín aurum 'ouro'), e hora (do latín horae = 'horas', a hora do sol ou saída do sol); alba, albor, alborada (pola cor branca da atmosfera) ou crepúsculo matutino son descricións verbais do mesmo fenómeno físico xusto antes da saída do sol. Do mesmo xeito á fin do día, a refracción atmosférica alonga a duración do día ou o crepúsculo vespertino despois do solpor.
Orto helíaco
En astronomía o termo orto helíaco fai referencia ao orto de calquera estrela xusto antes do orto do propio sol e despois de ter desaparecido a estrela polo horizonte occidental uns seis meses antes, o que servía nas culturas antigas coma sistema de datación do ano sidéreo.