María Ramallo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
+ cat
Liña 20: Liña 20:


{{DEFAULTSORT:Ramallo Vazquez, Maria Pilar}}
{{DEFAULTSORT:Ramallo Vazquez, Maria Pilar}}
[[Categoría:Deputados galegos]]
[[Categoría:Parlamentarios do Parlamento de Galicia polo PPdeG]]
[[Categoría:Parlamentarios do Parlamento de Galicia polo PPdeG]]
[[Categoría:Presidentes de autoridades portuarias de Galicia]]
[[Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP]]
[[Categoría:Deputados galegos]]
[[Categoría:Alcaldes de Marín]]
[[Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG]]
[[Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG]]
[[Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia]]
[[Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia]]
[[Categoría:Alcaldes de Marín]]
[[categoría:Nados en Marín]]
[[categoría:Nados en Marín]]
[[Categoría:Presidentes de autoridades portuarias de Galicia]]

Revisión como estaba o 8 de xaneiro de 2012 ás 17:26

María Pilar Ramallo Vázquez, nada o 12 de agosto de 1970 en Marín, é unha política galega, dende maio de 2011 alcaldesa electa de Marín.

Traxectoria

Licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, ingresou no Partido Popular, formación coa que optou como concelleira ás eleccións locais de 1995 polo concello de Marín. Foi elixida concelleira e designada para a área de Facenda. En 1999 non repite como concelleira e comeza a traballar na Delegación do Goberno en Galicia primeiro, e logo na Xunta de Galicia como asesora xurídica, sempre contratada por administracións do Partido Popular.

Nas eleccións locais de 2003 saíu elixida de novo concelleira e pasou a ocupar o posto de asistente do voceiro popular e posteriormente voceira ela mesma na oposición. En 2008 concorreu nas listas do PP ás eleccións xerais e saíu escollida deputada pola provincia de Pontevedra. En 2009 concorreu nas listas do PP ás eleccións galegas onde sae escollida deputada.

O presidente Alberte Núñez Feijoo noméaa presidenta da Autoridade Portuaria de Marín, e dous anos máis tarde preséntase á cabeza da lista do Partido Popular ás eleccións municipais en Marín, onde obtén a maioría absoluta dos concelleiros, bordeando a metade dos votos emitidos (49,8%) e conseguindo uns resultados históricos para o PP nese concello.


Predecesor:
Francisco Andrés Veiga Soto
 
Alcaldesa de Marín
 
2011 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas