Orto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Modifico: la:Solis ortus
Liña 54: Liña 54:
[[ja:天体の出没]]
[[ja:天体の出没]]
[[ko:해돋이]]
[[ko:해돋이]]
[[la:Sol oriens]]
[[la:Solis ortus]]
[[lt:Saulėtekis]]
[[lt:Saulėtekis]]
[[lv:Lēkts]]
[[lv:Lēkts]]

Revisión como estaba o 7 de xaneiro de 2012 ás 23:30

Imaxe final do orto solar en Cua Lo, Vietnam.

Orto significa levantamento ou saída dun astro dende o plano horizontal leste. É resultado da rotación terrestre de oeste a este, que fai que para o observador terrestre pareza que a estrela sae polo este e se pon polo oeste. Polo tanto, o orto do Sol equivale ao amencer. No seu uso cotián amencer fai referencia ao periodo de tempo entre o clarear do día e a saida total do sol polo leste. Técnicamente o orto producese cando o limbo superior da esfera helíaca aparece tanxente ao horizonte leste local, e remata cando o limbo inferior da esfera helíaca aparece tanxente ao horizonte leste local.

Efectos da refracción atmosférica

Diagrama do Sol ao amencer, mostrando os efectos da refracción atmosférica.

A refracción da luz solar ao chegar á atmósfera terrestre fai que chege a luz cando o Sol ainda non se atopa no horizonte real, facendo que vexamos sair o sol, cando ainda esta a 0,83º do horizonte real cando o vemos sair pola maña. Medido dende o mediodía local, o orto caracterízase polo ángulo horario -Φ, onde:

sendo λ a latitude do lugar, e δ a declinación solar. No ocaso ocontece nun ángulo horario Φ.

Os térmos aurora (do latín aurum=ouro, e hora -do latín horae=horas, a hora do sol ou saida do sol); alba, albor, alborada (pola cor blanca da atmósfera) ou crepúsculo matutino son descripcións verbais do mesmo fenómeno físico xusto antes da saída do sol. Do mesmo xeito á fin do día, a refracción atmosférica alonga a duración do día ou o crepúsculo vespertino despois do solpor.

Orto helíaco

Orto helíaco de Sirio

En astronomía o termo orto helíaco fai referencia ao orto de calquer estrela xusto antes do orto do propio sol e despois de ter desaparecido a estrela polo horizonte occidental uns seis meses antes, o que servía nas culturas antigas coma sitema de datación do ano sidéreo.



Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas