Imre Nagy: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.6.4) (Bot: Modifico: eo:Imre Nagy (politikisto)
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: eu:Imre Nagy
Liña 31: Liña 31:
[[es:Imre Nagy]]
[[es:Imre Nagy]]
[[et:Imre Nagy]]
[[et:Imre Nagy]]
[[eu:Imre Nagy]]
[[fa:امره ناگی]]
[[fa:امره ناگی]]
[[fi:Imre Nagy]]
[[fi:Imre Nagy]]

Revisión como estaba o 7 de xaneiro de 2012 ás 16:47

Estatua de Ngy en Budapest.

Imre Nagy, nado o 7 de xuño de 1896 e finado o 16 de xuño de 1958, foi un político húngaro.

Traxectoria

Naceu nunha familia campesiña. Militou no Partido Socialdemócrata de Hungría para adherirse máis adiante á ideoloxía marxista.

En 1944 tras a derrota dos nazis regresa para formar parte do novo goberno popular en Hungría, despois de 15 anos de exilio na URSS, onde estudou agricultura no Instituto de Moscova. Tamén foi membro activo do Instituto de Ciencia Agrícola.

Na súa etapa como membro do goberno húngaro, Nagy ocupou diversos cargos, como Ministro de Agricultura (1944-1945), Ministro do Interior (1945-1946) e Presidente da Asemblea Nacional (1947) até que en 1949, por mor das duras críticas ao Partido pola súa política agraria, é expulsado do Politburó. En 1951, tras unha renuncia pública das súas críticas, é admitido novamente até chegar a ser o Primeiro Ministro á morte de Stalin.

Cando as tropas do Exército Vermello entraban en Budapest, Nagy refúxiase na embaixada de Iugoslavia, onde lle ofreceron protección. Días despois sae da embaixada e é deportado a Romanía o 23 de novembro. Tras case dous anos de detención e tras procesalo nun xuízo secreto, é condenado á pena máxima e executado o 16 de xuño de 1958.

Véxase tamén

Ligazóns externas