Ribulosa 1,5-bisfosfato: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 50: Liña 50:


==Carboxilación e oxidación da ribulosa 1,5-bifosfato==
==Carboxilación e oxidación da ribulosa 1,5-bifosfato==
Normalmente o encima [[rubisco]] carboxila a ribulosa 1,5-bifosfato tal como se explicou antes. Pero en determinadas circunstancias, cando a concentración de CO<sub>2</sub> é baixa, a de O<sub>2</sub> alta e hai altas temperaturas o encima rubisco, en vez de carboxilar, mostra unha actividade de oxixenase e oxida a ribulosa 1,5-bifosfato, orixinando unha molécula de 3-fosfoglicerato (en vez de dúas) e unha molécula de [[fosfoglicolato]]. o fosfoglicolato inicia un ciclo de reaccións chamado [[fotorrespiración]], que malgasta ATP e poder redutor, polo que supón un menor rendemento da fotosíntese. As plantas tropicais e de climas áridos, nas condicións indicadas, teñen pouca fotorrespiración comparadas coas plantas de climas temperados ou fríos.
Normalmente o encima [[rubisco]] carboxila a ribulosa 1,5-bifosfato tal como se explicou antes. Pero en determinadas circunstancias, cando a concentración de CO<sub>2</sub> é baixa, a de O<sub>2</sub> alta e hai altas temperaturas o encima rubisco, en vez de carboxilar, mostra unha actividade de oxixenase e oxida a ribulosa 1,5-bifosfato, orixinando unha molécula de 3-fosfoglicerato (en vez de dúas) e unha molécula de [[fosfoglicolato]]. o fosfoglicolato inicia un ciclo de reaccións chamado [[fotorrespiración]], que malgasta ATP e poder redutor, polo que supón un menor rendemento da fotosíntese. As plantas tropicais e de climas áridos, nas condicións indicadas, teñen pouca fotorrespiración comparadas coas plantas de climas temperados ou fríos <ref>Nelson, D. L.; Cox, M. M. "Lehninger, Principles of Biochemistry" 3rd Ed. Worth Publishing: New York, 2000. ISBN 1-57259-153-6.</ref>.


==Notas==
==Notas==

Revisión como estaba o 5 de xaneiro de 2012 ás 22:17

Ribulosa 1,5-bisfosfato



Nome IUPAC (2,3-Dihidroxi-4-oxo-5-fosfonooxipentil)
dihidróxeno fosfato
Outros nomes D-ribulosa-1,5-P2
RuBP
Ribulosa-1,5-difosfato
Fórmula empírica C5H12O11P2
Masa molecular 310,089 g/mol
Estado físico/Cor
Número CAS 14689-84-0
Propiedades
Densidade
Punto de fusión
Punto de ebulición
Solubilidade en auga

A ribulosa 1,5-bisfosfato (tamén escrita ribulosa-1,5-bifosfato, ribulosa 1,5-bisfosfato ou ribulosa-1,5-difosfato, abreviadamente RuBP) é un azucre fosfatado de 5 carbonos, que é un importante substrato implicado na fixación do carbono durante o ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese.

Trátase dunha pentosa que leva dous fosfatos esterificados nos carbonos 1 e 5 e un grupo cetona (é unha cetosa) no carbono 2[1] [2]. Na fotosíntese funciona o estereoisómero D.

É o substrato do encima rubisco, que cataliza a incorporción de dióxido de carbono ao carbono 2 da ribulosa 1,5-difosfato, orixinando un intermediario inestable de 6 átomos de carbono, denominado 3-ceto-2-carboxiarabinitol-1,5-bisfosfato, que se divide practicamente ao momento en dúas moléculas de 3-fosfoglicerato (3PG), que é o primeiro produto estable da fase escura da fotosíntese.

RuBP (5C) + CO2 (1C) = Intermediario inestable (6C) →

→ 2 moléculas de 3PG (3C)

O 3-fosfoglicerato seguirá as reaccións do ciclo de Calvin rexenerando a ribulosa 1,5-bifosfato, que recomezará outro ciclo, e orixinando unha molécula de glicosa que sae do ciclo.

Na última reacción do ciclo de Calvin, recíclase a ribulosa 1,5-bifosfato a partir da fosforilación no carbono 1 con gasto de ATP da ribulosa 5-fosfato.

Carboxilación e oxidación da ribulosa 1,5-bifosfato

Normalmente o encima rubisco carboxila a ribulosa 1,5-bifosfato tal como se explicou antes. Pero en determinadas circunstancias, cando a concentración de CO2 é baixa, a de O2 alta e hai altas temperaturas o encima rubisco, en vez de carboxilar, mostra unha actividade de oxixenase e oxida a ribulosa 1,5-bifosfato, orixinando unha molécula de 3-fosfoglicerato (en vez de dúas) e unha molécula de fosfoglicolato. o fosfoglicolato inicia un ciclo de reaccións chamado fotorrespiración, que malgasta ATP e poder redutor, polo que supón un menor rendemento da fotosíntese. As plantas tropicais e de climas áridos, nas condicións indicadas, teñen pouca fotorrespiración comparadas coas plantas de climas temperados ou fríos [3].

Notas

  1. CHEBI D-ribulose 1,5-bisphosphate
  2. ChemSpider [1]
  3. Nelson, D. L.; Cox, M. M. "Lehninger, Principles of Biochemistry" 3rd Ed. Worth Publishing: New York, 2000. ISBN 1-57259-153-6.

Véxase tamén