Ribulosa 1,5-bisfosfato: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 40: | Liña 40: | ||
A '''ribulosa 1,5-bisfosfato''' (tamén escrita '''ribulosa-1,5-difosfato''' ou ribulosa-1,5-difosfato, abreviadamente '''RuBP''') é un azucre fosfatado de 5 carbonos, que é un importante sustrato implicado na fixación do carbono durante o [[ciclo de Calvin]] da [[fase escura]] da [[fotosíntese]]. |
A '''ribulosa 1,5-bisfosfato''' (tamén escrita '''ribulosa-1,5-difosfato''' ou ribulosa-1,5-difosfato, abreviadamente '''RuBP''') é un azucre fosfatado de 5 carbonos, que é un importante sustrato implicado na fixación do carbono durante o [[ciclo de Calvin]] da [[fase escura]] da [[fotosíntese]]. |
||
Trátase dunha [[pentosa]] que leva dous fosfatos esterificados nos carbonos 1 e 5 e un grupo [[cetona]] (é unha [[cetosa]]) no carbono 2<ref>CHEBI [https://www.ebi.ac.uk/chebi/searchId.do?chebiId=16710 D-ribulose 1,5-bisphosphate]</ref>. Na fotosíntese funciona o estereoisómero D. |
Trátase dunha [[pentosa]] que leva dous fosfatos esterificados nos carbonos 1 e 5 e un grupo [[cetona]] (é unha [[cetosa]]) no carbono 2<ref>CHEBI [https://www.ebi.ac.uk/chebi/searchId.do?chebiId=16710 D-ribulose 1,5-bisphosphate]</ref> <ref>ChemSpider [http://www.chemspider.com/110238]</ref>. Na fotosíntese funciona o estereoisómero D. |
||
É o substrato do encima [[rubisco]], que cataliza a incorporción de [[dióxido de carbono]] ao carbono 2 da ribulosa 1,5-difosfato, orixinando un intermediario inestable de 6 [[átomo]]s de carbono, denominado 3-ceto-2-carboxiarabinitol-1,5-bisfosfato, que se divide practicamente ao momento en dúas moléculas de [[3-fosfoglicerato]] (3PG), que é o primeiro produto estable da fase escura da fotosíntese. |
É o substrato do encima [[rubisco]], que cataliza a incorporción de [[dióxido de carbono]] ao carbono 2 da ribulosa 1,5-difosfato, orixinando un intermediario inestable de 6 [[átomo]]s de carbono, denominado 3-ceto-2-carboxiarabinitol-1,5-bisfosfato, que se divide practicamente ao momento en dúas moléculas de [[3-fosfoglicerato]] (3PG), que é o primeiro produto estable da fase escura da fotosíntese. |
Revisión como estaba o 5 de xaneiro de 2012 ás 22:13
Este artigo está a ser traducido ao galego por un usuario desta Wikipedia; por favor, non o edite. O usuario Miguelferig (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 12 anos. Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. |
Ribulosa 1,5-bisfosfato | |
---|---|
Nome IUPAC | (2,3-Dihidroxi-4-oxo-5-fosfonooxipentil) dihidróxeno fosfato |
Outros nomes | D-ribulosa-1,5-P2 RuBP Ribulosa-1,5-difosfato |
Fórmula empírica | C5H12O11P2 |
Masa molecular | 310,089 g/mol |
Estado físico/Cor | |
Número CAS | 14689-84-0 |
Propiedades | |
Densidade | |
Punto de fusión | |
Punto de ebulición | |
Solubilidade en auga |
A ribulosa 1,5-bisfosfato (tamén escrita ribulosa-1,5-difosfato ou ribulosa-1,5-difosfato, abreviadamente RuBP) é un azucre fosfatado de 5 carbonos, que é un importante sustrato implicado na fixación do carbono durante o ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese.
Trátase dunha pentosa que leva dous fosfatos esterificados nos carbonos 1 e 5 e un grupo cetona (é unha cetosa) no carbono 2[1] [2]. Na fotosíntese funciona o estereoisómero D.
É o substrato do encima rubisco, que cataliza a incorporción de dióxido de carbono ao carbono 2 da ribulosa 1,5-difosfato, orixinando un intermediario inestable de 6 átomos de carbono, denominado 3-ceto-2-carboxiarabinitol-1,5-bisfosfato, que se divide practicamente ao momento en dúas moléculas de 3-fosfoglicerato (3PG), que é o primeiro produto estable da fase escura da fotosíntese.
→ 2 moléculas de 3PG (3C)
O 3-fosfoglicerato seguirá as reaccións do ciclo de Calvin rexenerando a ribulosa 1,5-bifosfato, que recomezará outro ciclo, e orixinando unha molécula de glicosa que sae do ciclo.
Na última reacción do ciclo de Calvin, recíclase a ribulosa 1,5-bifosfato a partir da fosforilación no carbono 1 con gasto de ATP da ribulosa 5-fosfato.
Carboxilación e oxidación da ribulosa 1,5-bifosfato
Normalmente o encima rubisco carboxila a ribulosa 1,5-bifosfato tal como se explicou antes. Pero en determinadas circunstancias, cando a concentración de CO2 é baixa, a de O2 alta e hai altas temperaturas o encima rubisco, en vez de carboxilar, mostra unha actividade de oxixenase e oxida a ribulosa 1,5-bifosfato, orixinando unha molécula de 3-fosfoglicerato (en vez de dúas) e unha molécula de fosfoglicolato. o fosfoglicolato inicia un ciclo de reaccións chamado fotorrespiración, que malgasta ATP e poder redutor, polo que supón un menor rendemento da fotosíntese. As plantas tropicais e de climas áridos, nas condicións indicadas, teñen pouca fotorrespiración comparadas coas plantas de climas temperados ou fríos.
Notas
- ↑ CHEBI D-ribulose 1,5-bisphosphate
- ↑ ChemSpider [1]