Tomás Fernández-Couto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
creo artigo - en uso
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de xaneiro de 2012 ás 18:41

Tomás Fernández-Couto Juanas, nado en Ferrol en 1960, é un enxeñeiro e político galego do PPdeG.

Traxectoria

Obtivo o título superior de enxeñería forestal na Universidade Politécnica de Madrid en 1984, e ao ano seguinte comezou xa a traballar na recén creada Xunta de Galicia, onde acabaría integrándose no corpo de funcionarios e onde desenvolveu toda a súa carreira laboral.

Durante os primeiros meses desempeñou funcións de técnico nos servizos provinciais da consellería de Agricultura en Pontevedra e Lugo, ata que en setembro de 1987 foi designado director técnico da Reserva Nacional de Caza dos Ancares. En 1990 foi nomeado xefe provincial de Lugo da política contra-incendios, ata que en 1992 ascendeu ata ocupar ese mesmo posto pero nos servizos centrais da Xunta.

En 1993 comezou a traballar na área de proxectos da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e ao ano seguinte foi nomeado subdirector xeral de Medio Ambiente Natural. En 1996 foi designado director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes no equipo de Tomás Pérez Vidal. Cando esta área pasa a pertencer á consellería de Medio Ambiente, con Carlos del Álamo, faise cargo da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, ao igual que baixo a responsabilidade de Xosé Manuel Barreiro. Tamén mantivo a dirección xeral durante uns meses mentres foi conselleiro Alfredo Suárez Canal, ata que este o relevou a finais de 2009.

Despois de pasar catro anos como xefe de servizo na consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, regresou á Dirección Xeral co goberno de Alberto Núñez Feijoo, ás ordes de Samuel Juárez. En xaneiro de 2012 foi designado secretario xeral da recén creada Consellería de Medio Rural e Mar.