Tundra: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: ckb:تەندرا |
m r2.7.1) (Bot: Engado: be-x-old:Тундра |
||
Liña 23: | Liña 23: | ||
[[az:Tundra]] |
[[az:Tundra]] |
||
[[be:Тундра]] |
[[be:Тундра]] |
||
[[be-x-old:Тундра]] |
|||
[[bg:Тундра]] |
[[bg:Тундра]] |
||
[[ca:Tundra]] |
[[ca:Tundra]] |
Revisión como estaba o 3 de xaneiro de 2012 ás 20:28
A tundra (do lapón "tunturi", chaira desprovista de árbores) é un terreo aberto e chan, de clima subglacial e subsolo xelado, carente de vexetación arbórea; solo cuberto de brións e liques, e ás veces pantanoso.
Características
Localización
Esténdese principalmente polo hemisferio norte: en Siberia, Alaska, norte de Canadá, sur de Grenlandia e a costa ártica de Europa. No hemisferio sur maniféstase con temperaturas moito máis parellas durante o ano e en lugares como o extremo sur de Chile e Arxentina, illas subantárticas como Xeorxia do Sur e Kerguelen, e en pequenas zonas do norte da Antártida preto ao nivel do mar.
Tamén existe a tundra por efecto de altura, como no Tíbet e en diversos niveis das montañas arredor do mundo.
Clima
As tundras atópanse en rexións preto dos polos, onde os invernos son extremadamente fríos, os veráns curtos e frescos. Nelas viven animais como os osos polares, lobos marinos, focas etc.
Vexetación
O delgado manto de vexetación está composto de liques, pastos e xuncos con raíces pouco profundas (porque o solo está sempre xeado) o que permite o desenvolvemento dunha extraordinaria fauna.
En verán, co desxeo, aparecen bases e pradarías de plantas anuais. Ademais da escasa vexetación, as poucas plantas que se conservan están acondicionadas para sobrevivir coa escasa calor diurna e conservan auga no seu interior.