Liña internacional de cambio de data: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 8: Liña 8:

A razón destes cambios vén do comercio con [[Australia]] e [[Nova Zelandia]]. Anteriormente, estes dous países atopábanse ó outro lado do [[meridiano]] de cambio de hora, o cal dificultaba os negocios entre eles e os [[samoanos]] (había 21 horas de diferenza entre ámbalas dúas partes). Co cambio de data, ponse solución a este problema, sendo agora a data igual entre [[Australia]] e [[Nova Zelandia]] e [[Samoa]] e a dependencia [[neozelandesa]] de [[Tokelau]].

===== Fontes =====

http://www.elpais.com/articulo/internacional/dia/perdido/Samoa/elpepiint/20110512elpepiint_10/Tes

[[Categoría:Xeografía]]
[[Categoría:Xeografía]]

Revisión como estaba o 1 de xaneiro de 2012 ás 19:19

Liña internacional de cambio de data

A Liña Internacional de Cambio de Data é unha liña irregular imaxinaria na superficie da Terra trazada sobre o océano Pacífico, próxima ó meridiano 180, que cando se cruza supón o cambio de data (exactamente un día). Pasar a liña de leste a oeste fai que a data cambie ó día seguinte (perda dun día). Ó revés fai gañar un día. A súa necesidade radica na forma de variar a hora, cara ó Leste (máis temperán), ó Oeste máis tarde (en relación ó meridiano de Greenwich). Esta liña pasa polo Estreito de Bering entre Alasca e Siberia, polo que ambas teñen diferentes datas, pero a maioría do percorrido transcorre en medio do océano e non dificulta o mantemento de ningunha hora local.

Cambio de data en Samoa e Tokelau

O 30 de decembro do ano 2011 tivo lugar un cambio da devandita liña internacional de cambio de data, tendo lugar un salto de un día en Samoa e en Tokelau (arquipélago dependente de Nova Zelandia: ó rematar o día 29 de decembro, Samoa e Tokelau pasaron directamente ó día 31 de decembro.

A razón destes cambios vén do comercio con Australia e Nova Zelandia. Anteriormente, estes dous países atopábanse ó outro lado do meridiano de cambio de hora, o cal dificultaba os negocios entre eles e os samoanos (había 21 horas de diferenza entre ámbalas dúas partes). Co cambio de data, ponse solución a este problema, sendo agora a data igual entre Australia e Nova Zelandia e Samoa e a dependencia neozelandesa de Tokelau.

Fontes

http://www.elpais.com/articulo/internacional/dia/perdido/Samoa/elpepiint/20110512elpepiint_10/Tes