Archibald Vivian Hill: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: es:Archibald Vivian Hill
Liña 41: Liña 41:


[[Categoría:Premio Nobel de Medicina]]
[[Categoría:Premio Nobel de Medicina]]
[[Categoría:Personalidades das matemáticas]]


[[ar:أرشيبالد هل]]
[[ar:أرشيبالد هل]]

Revisión como estaba o 30 de decembro de 2011 ás 15:16


Archibald Vivian Hill
Datos persoais
Nome completoArchibald Vivian Hill
Nacemento26 de setembro de 1886
LugarBristol (Reino Unido)
Falecemento3 de xuño de 1977, 90 anos
LugarCambridge (Reino Unido)
ResidenciaAustria, Suecia
NacionalidadeBritánica
CónxuxeMargaret Neville Keynes
FillosPolly Hill, David Keynes Hill, Maurice Hill e Janet Hill
Actividade
CampoFisioloxía, matemáticas
Alma máterTrinity College, Trinity Hall, Universidade de Cambridge, Blundell's School e School of Medicine, University of Manchester
Director de teseWalter Morley Fletcher
Contribucións e premios
Coñecido porPolo seu labor de investigación sobre a termodinámica dos músculos
PremiosPremio Nobel de Medicina (1922)
editar datos en Wikidata ]

Archibald Vivian Hill, nado en Bristol o 26 de setembro de 1886 e finado en Cambridge o 3 de xuño de 1977, foi un fisiólogo e matemático británico.

Traxectoria

Estudou no Trinity College de Cambridge, de onde posteriormente foi profesor entre 1910 e 1916), así como do King's College entre 1916 e 1925. En 1923 sucedeu a Ernest Starling na cátedra Brackenbury de fisioloxía do University College de Londres, posto que mantivo até o seu retiro en 1951. Continuou investigando activamente até 1966.

Desde 1926 foi profesor da Royal Society, e desde 1935 secretario da mesma. Foi membro do comité executivo do National Physical Laboratory. Durante a Segunda Guerra Mundial formou parte dunha comisión científica asesora do goberno. Desde 1935 estivo a traballar con Patrick Blackett e Sir Henry Tizard nun comité que deu lugar ao nacemento do radar.

Recolleu parte das súas investigacións no libro Living Machinery (1927).

Foi galardoado en 1922 co Premio Nobel de Medicina polo seu labor de investigación sobre a termodinámica dos músculos, premio compartido con Otto Fritz Meyerhof.

Véxase tamén

Ligazóns externas