Bob Beamon: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: tr:Bob Beamon
Liña 50: Liña 50:
[[sr:Боб Бимон]]
[[sr:Боб Бимон]]
[[sv:Bob Beamon]]
[[sv:Bob Beamon]]
[[tr:Bob Beamon]]
[[zh:鲍勃·比蒙]]
[[zh:鲍勃·比蒙]]

Revisión como estaba o 29 de decembro de 2011 ás 20:02

Cadro de medallas
Atletismo
Xogos Olímpicos
Ouro México 1968 Salto de lonxitude

Robert "Bob" Beamon, nado o 29 de agosto de 1946, é un atleta norteamericano retirado especialista en salto de lonxitude. É famoso polo seu extraordinario salto polo que obteu a medalla olímpica e o récord do mundo de salto de lonxitude.

Traxectoria

Beamon, nacido en Jamaica, Nova York, estabeleceu un novo récord mundial nas Olimpiadas de verán de 1968 na Cidade de México con un marabilloso salto de 8,90 m, marca que se mantivo imbatido durante 23 anos, sendo declarado pola revista Sports Illustrated como unha das grandes fazañas deportivas do século XX. O seu salto superaba en 55 cm a mellor marca mundial anterior. Entre os factores que favoreceran un salto tan extraordinario contara sen dúbida a altura elevada a que se sitúa México, pois no mesmo ano, en Lake Tahoe, tamén a considerábel altitude, Beamon atinxira 8,39 m.

A marca atinxida por Beamon foi superada no Campeonato mundial de atletimo, celebrado en Tokio no ano 1991, por Carl Lewis (8,91m.) e Mike Powell (8,95m.). Este estabeleceu o novo récord mundial. Porén o salto de Bob segue a ser o récord olímpico.

Desenvolvemento persoal

As mellores marcas de Beamon por anos foran:

Ano 1962 1963 1964 1965 1966 1967 1968 1969 1970
Lonxitude (m) 7,34 7,31 7,64 7,71 7,80 8,11 8,90 8,20 7,91