Henri Fantin-Latour: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: eu:Henri Fantin-Latour
Liña 37: Liña 37:
[[eo:Henri Fantin-Latour]]
[[eo:Henri Fantin-Latour]]
[[es:Henri Fantin-Latour]]
[[es:Henri Fantin-Latour]]
[[eu:Henri Fantin-Latour]]
[[fr:Henri Fantin-Latour]]
[[fr:Henri Fantin-Latour]]
[[it:Henri Fantin-Latour]]
[[it:Henri Fantin-Latour]]

Revisión como estaba o 29 de decembro de 2011 ás 10:05

Auto retrato

Henri Fantin-Latour, nado en Grenoble o 14 de xaneiro do 1836 e finado o 25 de agosto de 1904 no municipio de Buré, Baixa Normandía, era un pintor realista e litógrafo francés.

Traxectoria

Formouse co seu pai, o tamén pintor Jean-Theodore Fantin-Latour, e máis tarde con Lecocq de Boisbaudran. Relacionouse cos máis importantes artistas da época. Traballou no taller de Courbet e foi amigo de Manet. Dedicou moitas das súas composicións alegóricas a Wagner, especialmente litografías. Nos retratos colectivos representa artistas coñecidos.

Obra

A súa obra queda á marxe do impresionismo, contribúe ao romanticismo do século XIX, pero clasifícase pola súa técnica no realismo, aínda que utiliza a cor e os brillos de xeito máxico, alcanzando así un realismo lírico. A súa obra esta principalmente composta de retratos femininos, retratos colectivos, bodegóns. Ilustrouse co tema da música, sobre todo cos homenaxes a músicos como Wagner. Fantin-Latour tivo influencia sobre os simbolistas posteriores tal Odilon Redon.

Hai obras de Fantin-Latour nos museos de Thyssen-Bornemisza e no Palacio de Liria en Madrid, no Museo de Orsay en París).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos


Ligazóns externas