Eclesiastés: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: es:Libro del Eclesiastés
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: eu:Ecclesiastes
Liña 30: Liña 30:
[[eo:Kohelet]]
[[eo:Kohelet]]
[[es:Libro del Eclesiastés]]
[[es:Libro del Eclesiastés]]
[[eu:Ecclesiastes]]
[[fa:کتاب جامعه]]
[[fa:کتاب جامعه]]
[[fi:Saarnaajan kirja]]
[[fi:Saarnaajan kirja]]

Revisión como estaba o 29 de decembro de 2011 ás 07:24

O libro do Eclesiastés, (grego εκκλησιαστης, Ekklesiastés, hebreo קֹהֶלֶת, Qohéleth), que pode entenderse como o orador ou o que fala na asemblea. Forma parte, na Biblia cristiá, dos chamados libros Libros sapienciais, colocado normalmente entre os Proverbios e o Cantar dos Cantares.

O libro recolle as reflexións que un sabio de Israel fai sobre o sentido da vida: o poder, a riquexa, a amizade, a vellez, a morte... Sempre deixando unha pegada moi persoal e incluso un chisco heterodoxa, que o convirten nun dos libros máis orixinais da Biblia.

Autor e data de composición

O autor preséntase como o "Qohelet", o orador, tamén como fillo do Rei David, é dicir, o Rei Salomón. Esta atribución a Salomón é moi común na Biblia e non ten ningún valor histórico: a Salomón, o rei sabio, atribuíanselles os libros sapienciais igual que a David, o rei poeta, se lle atribuían os Salmos.

De calquera xeito, estamos ante un "libro de autor", unha soa man é responsable de todo ou case todo o libro.

Deste autor podemos dicir:

  • É un sabio de Israel, é dicir, un intelectual bo coñecedor da Biblia e do pensamento contemporáneo.
  • Está nunha etapa da vida entre a adultez e a vellez, posto que aos seus coñecementos teóricos une a súa experiencia, non sempre positiva.
  • Posiblemente, polas referencias que fai, é un home que viaxou polo Oriente Medio e Asia Menor e que coñece o pensamento persa e helénico.