Humberto Delgado: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: eu:Humberto Delgado
Liña 14: Liña 14:
[[en:Humberto Delgado]]
[[en:Humberto Delgado]]
[[es:Humberto Delgado]]
[[es:Humberto Delgado]]
[[eu:Humberto Delgado]]
[[fr:Humberto Delgado]]
[[fr:Humberto Delgado]]
[[hr:Humberto Delgado]]
[[hr:Humberto Delgado]]

Revisión como estaba o 29 de decembro de 2011 ás 04:13

Ficheiro:HumbertoDelgado.jpg
Humberto Delgado.

Humberto da Silva Delgado, nado en Brogueira (Torres Novas) o 15 de maio de 1906 e finado en Villanueva del Fresno o 13 de febreiro de 1965, foi un militar portugués da Forza Aérea, coñecido como o xeneral sen medo.

Traxectoria

Convencido seguidor do ditador António de Oliveira Salazar, foi un dos socios fundadores do Grupo de Amigos de Olivença en 1945, pero en 1958 Delgado decidiu enfrontarse con Salazar concorrendo ás eleccións presidenciais dese ano, xuntando arredor súa a toda a oposición democrática, derrotado por mor dunha fraude electoral masiva marchou en 1959 de Portugal, refuxiouse no Brasil e contactou coa oposición ao salazarismo. Participou na fundación do DRIL. En 1961 entrou en Portugal para intentar sublevar o exército, fracasou no seu intento de asalto ao cuartel de Beja pero conseguiu fuxir pola fronteira española. En 1963 o goberno brasileiro retiroulle o permiso de residencia e Delgado dirixiuse a Alxeria. O 13 de febreiro de 1965 apareceu morto xunto a súa secretaria nas proximidades da fronteira portuguesa, —pensaba cruzar a fronteira para manter unha entrevista con militares portugueses pero foi asasinado pola PIDE, a policía política portuguesa.