Ácido 3-fosfoglicérico: Diferenzas entre revisións
Liña 18: | Liña 18: | ||
==Síntese de aminoácidos== |
==Síntese de aminoácidos== |
||
O 3-fosfoglicerato é tamén un precursor da [[serina]]. O 3-fosfoglicerato inicia a ruta de síntese, transformándose por deshidroxenación encimática en 3-fosfohidroxipiruvato, e este por transaminación co [[glutamato]] orixina fosfoserina, que dá lugar á serina libre ao [[hidrólise|hidrolizarse]] o seu fosfato. A partir da serina tamén se poden formar [[cisteína]] e [[glicina]] (polo ciclo da [[homocisteína]]). <ref name=Lehninger>A. Lehninger. Principios de Bioquímica. Omega. (1988). Páxinas 620, 663-665. ISBN: 84-282-0738-0</ref> |
O 3-fosfoglicerato é tamén un precursor da [[serina]]. O 3-fosfoglicerato inicia a ruta de síntese, transformándose por deshidroxenación encimática en 3-fosfohidroxipiruvato, e este por transaminación co [[glutamato]] orixina fosfoserina, que dá lugar á serina libre ao [[hidrólise|hidrolizarse]] o seu fosfato. A partir da serina tamén se poden formar [[cisteína]] e [[glicina]] (polo ciclo da [[homocisteína]]). <ref name=Lehninger>A. Lehninger. Principios de Bioquímica. Omega. (1988). Páxinas 408-411, 620, 663-665. ISBN: 84-282-0738-0</ref> |
||
==Notas== |
==Notas== |
Revisión como estaba o 28 de decembro de 2011 ás 23:22
Este artigo está a ser traducido ao galego por un usuario desta Wikipedia; por favor, non o edite. O usuario Miguelferig (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 12 anos. Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. |
O ácido 3-fosfoglicérico (3PG) é unha molécula moi importante no metabolismo, xa que intervén na glicólise e no ciclo de Calvin da fotosíntese. Trátase dun ácido carboxílico de tres carbonos, cun grupo fosfato esterificado no carbono 3. A forma desprotonada do ácido denomínase 3-fosfoglicerato, que é a forma na wque está a pH celular.
Glicólise e gliconeoxénese
Na glicólise o 3-fosfoglicerato é un dos intermediarios da ruta. A molécula da glicólise de 3 carbonos 1,3-bifosfoglicerato orixina encimaticamente 3-fosfoglicerato en reacción catalizada pola fosfoglicerato quinase. Nesta reacción prodúcese formación de ATP a partir do ADP e dun dos fosfatos do 1,3-bifosfoglicerato, polo que se trata dunha fosforilación a nivel de substrato. Por tanto, é un dos puntos onde se produce ATP na glicólise [1].
Despois o 3-fosfoglicerato transfórmase en 2-fosfoglicerato pola acción da fosfoglicerato mutase.
O 3-fosfoglicerato intervén tamén na gliconeoxénese, ruta na que realiza as reaccións inversas ás que realiza na glicólise.
Ciclo de Calvin
No ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese o 3-fosfoglicerato é unha molécula chave. Cando se incorpora (fixa) unha molécula de CO2 á ribulosa 1,5-bifosfato esta xera unha molécula inestable de 6 carbonos, que axiña rompe orixinando dúas moléculas de 3-fosfoglicerato. Este 3-fosfoglicerato é a primeira molécula estable que incorpora carbono na fotosíntese C3, que se chama C3 porque o 3-fosfoglicerato ten 3 carbonos. Despois o 3-fosfoglicerato redúcese a gliceraldehido 3-fosfato, continuando as reaccións do ciclo de Calvin [1].
Cando na planta se produce fotorrespiración, despois da fixación só se forma unha molécula de 3-fosfoglicerato (en vez de dúas), xunto con outra de fosfoglicolato. Esta última inicia as reaccións da fotorrespiración.
Síntese de aminoácidos
O 3-fosfoglicerato é tamén un precursor da serina. O 3-fosfoglicerato inicia a ruta de síntese, transformándose por deshidroxenación encimática en 3-fosfohidroxipiruvato, e este por transaminación co glutamato orixina fosfoserina, que dá lugar á serina libre ao hidrolizarse o seu fosfato. A partir da serina tamén se poden formar cisteína e glicina (polo ciclo da homocisteína). [1]