Montpellier: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MystBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Modifico: sr:Монпеље
ArthurBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: pms:Montpellier
Liña 77: Liña 77:
[[os:Монпелье]]
[[os:Монпелье]]
[[pl:Montpellier]]
[[pl:Montpellier]]
[[pms:Montpellier]]
[[pnb:مونٹپلائیر]]
[[pnb:مونٹپلائیر]]
[[pt:Montpellier]]
[[pt:Montpellier]]

Revisión como estaba o 28 de decembro de 2011 ás 14:49

A Prefectura de Montpellier.

Montpellier é unha cidade francesa con máis de mil anos de historia e cunha arquitectura que mestura o antigo e o moderno. É a capital do departamento Hérault e da rexión francesa do Languedoc-Rousillon. O nome Montpellier provén de mont pelé, o monte pelado, en función da súa escasa vexetación.


O concello ten censados 252.998 habitantes (2008), ascendendo a 516.360 ao se incluir toda a rexión metropolitana que a circunda. É a octava cidade máis poboada de Francia (poboación intra-muros), mentres que a rexión metropolitana sería a decimoquinta. É unha das poucas cidades francesas de máis de 100.000 habitantes que medrou sen interrupción nos últimos cincuenta anos.

Está situada nun importante eixo de comunicación: España cara o oeste, Italia cara o leste e o val do Ródano cara o norte. Está moi próxima do Mediterráneo (13 km) e do importante porto de Sète (30 km). Outras cidades próximas de importancia son Marsella, Toulouse ou Barcelona.

Dous pequenos ríos atravesan Montpellier: o Lez no leste e o Mosson no oeste. Ademais un regacho (o Verdanson) cruza a cidade e vai desembocar no Lez no barrio da Pompignane. A paisaxe de Montpellier está marcada polo pico Saint-Loup (658 m), situado a uns 25 km ao norte da vila e visible dende numerosos puntos.