Pupila: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Ficheiro:Schematic diagram of the human eye pt.svg
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 33: Liña 33:


[[Categoría:Vista]]
[[Categoría:Vista]]
[[Categoría:Ollo]]


[[ar:حدقة]]
[[ar:حدقة]]

Revisión como estaba o 26 de decembro de 2011 ás 23:51

Pupila

A pupila ou, coloquialmente, meniña, é un orificio na parte central do iris para o paso da luz. Trátase dunha abertura dilatable e contráctil de cor negra coa función de regular a iluminación que chega á retina, na parte posterior do ollo.

O tamaño da pupila está controlado por dous músculos: o esfínter da pupila péchaa e o dilatador da pupila ábrea.

O reflexo fotomotor da pupila examínase cunha lanterna durante a exploración neurolóxica. Este reflexo, onde participan os nervios craniais II e III, consiste na constrición da pupila como resposta á iluminación. Cando penetra a luz nun ollo, as dúas pupilas se constriñen (reflexo consensual) porque cada retina envía fibras ás pequenas cintas de fibras nerviosas ópticas de ambos os lados. O músculo esfínter da pupila está inervado por fibras parasimpáticas; por iso, a interrupción destas fibras determina unha dilatación da pupila polo efecto desinhibido do músculo dilatador. O primeiro signo de compresión do nervio oculomotor é un reflexo fotomotor lento ipsolateral.

Galería de imaxes