Cordilleiras Costeiras Catalás: Diferenzas entre revisións
m Bot: Substitución automática de texto (-[[File: +[[Ficheiro: & -[[Image: +[[Ficheiro:) |
Sen resumo de edición |
||
Liña 18: | Liña 18: | ||
Transversalmente, o Sistema Mediterráneo pódese dividir en tres unidades: |
Transversalmente, o Sistema Mediterráneo pódese dividir en tres unidades: |
||
* os relevos setentrionais, que se estenden do Empordà ao Llobregat, |
* os relevos setentrionais, que se estenden do [[Empordà]] ao Llobregat, |
||
* os relevos centrais, do [[Llobregat]] ao [[Ebro]], e |
* os relevos centrais, do [[Llobregat]] ao [[Ebro]], e |
||
* os relevos meridionais, do baixo Ebro ata o río [[Río Millars|Millars]] na [[Comunidade Valenciana]]. |
* os relevos meridionais, do baixo Ebro ata o río [[Río Millars|Millars]] na [[Comunidade Valenciana]]. |
Revisión como estaba o 25 de decembro de 2011 ás 18:30
Pirineo Prepirineo Depresión Central Catalana Pequenas estribacións na Depresión Central | Cordilleira Transversal Cordilleira Prelitoral Cordilleira Litoral Depresión Litoral e Prelitoral e outras planícies costeiras |
O Sistema Mediterráneo Catalán, tamén coñecido como as Cordilleiras Costeiras é un sistema dual de aliñacións montañosas paralelas, a Cordilleira Prelitoral e a Cordilleira Litoral. Estas dúas cadeas están separadas por unha fosa tectónica coñecida como a Depresión Prelitoral. A Cordilleira Prelitoral é a aliñación interior, que se estende desde a desembocadura do Ter ata o Montsià, e presenta os puntos máis altos do conxunto do Sistema. o Montseny, é o pico máis alto, con 1.712 m. de altitude. A Cordilleira Litoral, por contra, é a aliñación exterior, paralela á costa, que se estende desde o Empordà ata o Campo de Tarragona, e as súas altitudes son menores. O Montnegre é o punto máis alto con 763 m. de altitude.
O Sistema Mediterráneo Catalán é dicir - as dúas cordilleiras de xeito paralelas - esténdese de suroeste a nordeste ata unirse co contrafuertes dos Pireneos que se estenden desde o mar Mediterráneo cara ao oeste. De feito, os Pireneos e o Sistema Mediterráneo Catalán enmarcan un área interior máis chaira coñecida como a Depresión Central Catalá.
Geológicamente o sistema é moi complexo. É o resultado do levantamento tectónico dun antigo macizo dunha lonxitude de máis de 300 km. Diferéncianse dous grandes sectores cuxa liña divisoria é o río Llobregat. O sector do norte está constituído por materiais paleozoicos e cristalinos, mentres que o sector do sur está formado por sedimentos mesozoicos e terciarios.
Transversalmente, o Sistema Mediterráneo pódese dividir en tres unidades:
- os relevos setentrionais, que se estenden do Empordà ao Llobregat,
- os relevos centrais, do Llobregat ao Ebro, e
- os relevos meridionais, do baixo Ebro ata o río Millars na Comunidade Valenciana.