Bósforo: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: lad:Bosfor |
m r2.7.1) (Bot: Engado: nn:Bosporos |
||
Liña 78: | Liña 78: | ||
[[nds:Bosporus]] |
[[nds:Bosporus]] |
||
[[nl:Bosporus]] |
[[nl:Bosporus]] |
||
[[nn:Bosporos]] |
|||
[[no:Bosporos]] |
[[no:Bosporos]] |
||
[[oc:Bosfòr]] |
[[oc:Bosfòr]] |
Revisión como estaba o 20 de decembro de 2011 ás 19:56
O Bósforo é un estreito marítimo entre o mar Negro e o mar de Mármara (que no seu outro extremo se comunica co mar Mediterráneo a través do estreito dos Dardanelos) e que separa Europa e Asia, á beira do cal está situada a cidade de Istambul (Constantinopla).
Hai dúas pontes sobre este estreito. A ponte Bogazici, de 1074 metros de largo foi completada en 1973. A segunda ponte, a Fatih Sultan Mehmede posúe unha lonxitude de 1014 metros, completouse en 1988 e atópase a case a cinco quilómetros ao norte da primeira.
Un túnel ferroviario de 13,7 quilómetros foi construído e estimouse a súa entrada en funcionamento para o 2012. Aproximadamente 1400 metros do túnel foron construídos baixo o estreito, a unha profundidade de 55 metros.[1]
Etimoloxía
O nome procede do grego bos: boi + foros: pasar, trasladar, xa que na antigüidade era común atravesar tal estreito cun odre inflado confeccionado coa pel dun boi. A palabra grega foi modificada posteriormente en lingua turca coma Boğaziçi.
Formación xeolóxica
O Bósforo formouse ao redor do 5600 a. C., cando unha as augas do Mar Mediterráneo e o mar de Mármara inundaron o val fluvial dun extenso lago de auga doce próximo que, coa irrupción das augas do mar de Mármara a través do Bósforo, converteuse no mar Negro actual.[Cómpre referencia]
Notas
- ↑ "Marmaray tunnel completed" (en inglés). Railway Gazette International 20.10.2008. 2008. Consultado o 09/01/2009.
Véxase tamén
- Convención de Montreux: Acerca da navegación polo estreito.