Bósforo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Substitución de "Ver tamén" por " Véxase tamén" segundo WP:LE
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: lad:Bosfor
Liña 69: Liña 69:
[[ku:Tengava Stenbolê]]
[[ku:Tengava Stenbolê]]
[[la:Bosporus]]
[[la:Bosporus]]
[[lad:Bosfor]]
[[lb:Bosporus]]
[[lb:Bosporus]]
[[lt:Bosforo sąsiauris]]
[[lt:Bosforo sąsiauris]]

Revisión como estaba o 19 de decembro de 2011 ás 15:05

Imaxe vía satélite do Bósforo, o Mar Negro, o Mar de Mármara e a cidade de Istambul

O Bósforo é un estreito marítimo entre o mar Negro e o mar de Mármara (que no seu outro extremo se comunica co mar Mediterráneo a través do estreito dos Dardanelos) e que separa Europa e Asia, á beira do cal está situada a cidade de Istambul (Constantinopla).

Hai dúas pontes sobre este estreito. A ponte Bogazici, de 1074 metros de largo foi completada en 1973. A segunda ponte, a Fatih Sultan Mehmede posúe unha lonxitude de 1014 metros, completouse en 1988 e atópase a case a cinco quilómetros ao norte da primeira.

Un túnel ferroviario de 13,7 quilómetros foi construído e estimouse a súa entrada en funcionamento para o 2012. Aproximadamente 1400 metros do túnel foron construídos baixo o estreito, a unha profundidade de 55 metros.[1]

Etimoloxía

O nome procede do grego bos: boi + foros: pasar, trasladar, xa que na antigüidade era común atravesar tal estreito cun odre inflado confeccionado coa pel dun boi. A palabra grega foi modificada posteriormente en lingua turca coma Boğaziçi.

Formación xeolóxica

O Bósforo formouse ao redor do 5600 a. C., cando unha as augas do Mar Mediterráneo e o mar de Mármara inundaron o val fluvial dun extenso lago de auga doce próximo que, coa irrupción das augas do mar de Mármara a través do Bósforo, converteuse no mar Negro actual.[Cómpre referencia]

Notas

  1. "Marmaray tunnel completed" (en inglés). Railway Gazette International 20.10.2008. 2008. Consultado o 09/01/2009. 

Véxase tamén