Banja Luka: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: pnb:بانجا لوکا
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ro:Banja Luka
Liña 63: Liña 63:
[[pnb:بانجا لوکا]]
[[pnb:بانجا لوکا]]
[[pt:Banja Luka]]
[[pt:Banja Luka]]
[[ro:Banja Luka]]
[[ru:Баня-Лука]]
[[ru:Баня-Лука]]
[[sco:Banja Luka]]
[[sco:Banja Luka]]

Revisión como estaba o 16 de decembro de 2011 ás 13:20

Banja Luka é a segunda cidade de Bosnia - Hercegovina cunha poboación de 196.500. É tamén a capital da Republika Srpska e o principal centro da rexión coñecida como Bosanska Krajina. A cidade localízase no noroeste de Bosnia, na ribeira do río Vrbas.

Historia

Hai evidencias da presenza romana na rexión durante os primeiros séculos da nosa era, e mesmmo un antigo forte no centro da cidade. Os eslavos asentáronse na rexió no século VII e a primeira mención á cidade data de 1494. Durante o goberno otomano Banja Luka foi a capital da provincia de Bosnia, e a fins do século XVI a cidade desenvolveuse enormemente grazas a Ferhat Pasa Sokolovic, que posibilitou que Banja Luka se convertese nun dos centros comerciais e políticos de Bosnia, no século XIX produciuse unha forte emigración serbia nos arredores, pero a cidade permaneceu sendo de maioría musulmana.
A ocupación austríaca supuxo a occidentalización e industrialización de Banja Luka e ao se formar Iugoslavia a cidade converteuse no centro da provincia de Vrbas.
Durante a Segunda Guerra Mundial, o réxime Ustasha crota ocupou Banja Luka, os xudeus sefardís foron deportados aos campos de concentración de Jasenovac e Stara Gradiska, e o 7 de febreiro de 1942 os ustashas mataron a 2.500 serbios en Drakulici, Motike e Sargovac (localidades do concello de Banja Luka).
En 1969 a cidade foi devastada por un sismo que destruíu moitos edificios
Logo do establecemento da Republika Srpska, Banja Luka converteuse de facto no centro da entidade (oficialmente en 2003). Calcúlanse en 70.000 os croatas e bosniacos que tiveron que deixar o municipio entre 1992 e 1995 como parte da limpeza étnica que sufriu a Republika Srpska, ademais moitos serbios opostos á guerra e á política da Republika Srpska tamén tiveron que marchar da cidade. As 16 mesquitas da cidade, que databan do século XV e XVI, destruíronse na guerra e aínda non se reconstruíron, en parte pola oposición dunha parte dos serbios.


Cidades irmás

Banja Luka está irmandada con:

Ligazóns externas

Modelo:Link FA Modelo:Link FA