Caroline Lucretia Herschel: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
{{DEFAULTSORT:Herschel, Caroline}}; arranxiños
m →‎Traxectoria: corrixo homónimo
Liña 9: Liña 9:
Volceu a [[Hanover]] no [[1822]] trala morte do seu irmán, pero xa non abandonou os seus estudos astronómicos, e no [[1828]] completou a redución comezada en xaneiro de [[1800]], de 2.500 nebulosas descubertas polo seu irmán. No [[1828]] a Royal Astronomical Society outorgoulle a medalla de ouro, e no [[1835]] elixiuna membro honorario. No [[1846]] recibiu a medalla de ouro do Rei de [[Prusia]].
Volceu a [[Hanover]] no [[1822]] trala morte do seu irmán, pero xa non abandonou os seus estudos astronómicos, e no [[1828]] completou a redución comezada en xaneiro de [[1800]], de 2.500 nebulosas descubertas polo seu irmán. No [[1828]] a Royal Astronomical Society outorgoulle a medalla de ouro, e no [[1835]] elixiuna membro honorario. No [[1846]] recibiu a medalla de ouro do Rei de [[Prusia]].


O [[asteroide]] 281 Lucretia foi nomeado polo seu segundo nome, e un [[cráter]] [[lúa|luar]] no Sinus Iridium foi nomeado Caroline Herschel en honra súa.
O [[asteroide]] 281 Lucretia foi nomeado polo seu segundo nome, e un [[Cráter (astronomía)|cráter]] [[lúa|luar]] no Sinus Iridium foi nomeado Caroline Herschel en honra súa.


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 16 de decembro de 2011 ás 10:17

Caroline Lucretia Herschel, nada en Hannover o 16 de marzo de 1750 e finada o 9 de xaneiro de 1848, foi unha famosa astrónoma alemá.

Traxectoria

Irmá do famoso William Herschel, tamén astrónomo, compartiu con el unha auto-educación científica. Caroline descubriu varios novos cometas, en particular o de tipo periódico 35P/Herschel-Rigollet, que leva o seu nome. No outono de 1772 reuniuse en Inglaterra co seu irmán, que se establecera como profesor de música en Bath. A partir de aí cooperaron nas investigacións astronómicas e os seus deberes profesionais: ela era a cantante principal nos concertos do oratorio, acadando tanta sona que lle foi ofertada unha invitación para o festival de Birmingham, que declinou.

No 1782 o seu irmán aceptou ser o astrónomo real de Xurxo III de Inglaterra. Carolina foi a súa asistente nas observacións, executando asemade os laboriosos cálculos relacionados con elas. A súa diversión principal era escrutar o ceo cun pequeno telescopio newtoniano. Foi así como detectou no 1783 tres nebulosas, e entre 1786 e 1797 oito cometas, en cinco dos que ten incuestionable prioridade, entre eles o Cometa Encke. O primeiro deles, descuberto o 1 de agosto de 1786, foi tamén o primeiro descuberto por unha muller. O ano seguinte comezou a ser asalariada real polo seu traballo de asistente, o que a converteu na primeira muller recoñecida oficialmente como científica. No 1797 presentou á Royal Society un índice de observacións de John Flamsteed, xunto cun catálogo de 561 estrelas omitidas accidentalmente no British Catalogue, e unha lista de erratas dese catálogo.

Volceu a Hanover no 1822 trala morte do seu irmán, pero xa non abandonou os seus estudos astronómicos, e no 1828 completou a redución comezada en xaneiro de 1800, de 2.500 nebulosas descubertas polo seu irmán. No 1828 a Royal Astronomical Society outorgoulle a medalla de ouro, e no 1835 elixiuna membro honorario. No 1846 recibiu a medalla de ouro do Rei de Prusia.

O asteroide 281 Lucretia foi nomeado polo seu segundo nome, e un cráter luar no Sinus Iridium foi nomeado Caroline Herschel en honra súa.

Véxase tamén

Outros artigos