Cullerete: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: rue:Широконоска
ArthurBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: simple:Northern Shoveler
Liña 83: Liña 83:
[[sah:Халба]]
[[sah:Халба]]
[[se:Spoađđoduoršu]]
[[se:Spoađđoduoršu]]
[[simple:Northern Shoveler]]
[[sv:Skedand]]
[[sv:Skedand]]
[[tr:Bayağı kaşıkgaga]]
[[tr:Bayağı kaşıkgaga]]

Revisión como estaba o 15 de decembro de 2011 ás 18:23

Macho e femia de cullerete

O cullerete (Anas clypeata) é unha ave da familia dos anátidos (Anatidae) caracterizada polo bico espatulado en forma de culler que lle dá nome. Trátase dunha das especies de parrulo máis comúns e espalladas polo hemisferio norte.

Sistemática

O cullerete é o representante europeo dos culleretes, que ten representantes noutras áreas do mundo como o cullerete arxentino (Anas platalea), o cullerete australiano (Anas rhynchotis) e o cullerete sudafrícano ou cullerete do Cabo (Anas smithii). Todos catro forman parte do grupo zoolóxico dos Anatini. O cullerete arxentino é a especie de menor tamaño. Os culleretes son o exemplo clásico da distribución de especies moi similares ata cubrir a terra. Os costumes de tódolos culleretes son semellantes, e diferéncianse entre eles só por pequenas variacións de tamaño e pola plumaxe. O máis característico dos culleretes é o bico ancho en forma de culler ou espátula, que lles serve de aparato para filtrar a auga.

Descrición

O cullerete pode chegar aos 50 cm. e pesa entre 400 e 1100 gramos. A amplitude das alas acada os 80 cm. O peteiro, a parte que chama máis a atención ao observalo, mide uns 7 cm. Amosa un claro dimorfismo sexual. A cabeza do macho é verde escura e o bico é de cor gris intensa. O peito é branco, as plumas do lombo son escuras con plumas brancas intercaladas. No medio da zona lateral ten plumaxe castaña avermellada. O iris dos ollos e as patas son vermellos.

A femia ten un debuxo de fondo acastañado, co bico tamén castaño e patas vermellas. Non é doado diferenciala da doutras especies de culleretes.

Non é un parrulo especialmente tímido. Voando, acada velocidades de 85 km/h. Chegan a vivir ata 20 anos. O seu son característico, unha especie de "tock", é pouco audible.

Distribución xeográfica en Europa.Verde claro: no verán. Azul: no inverno. Verde escuro: todo o ano

Distribución xeográfica

Vive en augas interiores con alimento abundante de Norteamérica e Eurasia. Prefire zonas acuáticas con moita vexetación e ribeiras con moitos xunqueiras mestas. Fóra da época de cría pode verse tamén á beira do mar e en lagos salgados. No inverno, os exemplares do norte e centro de Europa emigran ao sur do continente ou a África.

Alimentación

Os culleretes criban co bico a auga procurando plancto, larvas de insectos, pequenos crustáceos, cabezolos e ovos de peixes ou anfibios.

Reprodución

Macho de cullerete

Maduran sexualmente ao ano de idade. A época de cría vai de maio a xullo. A femia fai no chan, preto da auga, un niño de anacos de plantas, ben agachado na vexetación. Pon de seis a trece ovos de cor gris azulada e duns cinco centímetros de longo. A femia choca os ovos entre 22 e 28 días. Os polos recén nados son inmediatamente conducidos á auga, e están en condicións para voar aos 40 ou 45 días de naceren.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Hartmut Kolbe; Die Entenvögel der Welt, Ulmer Verlag 1999, ISBN 3-8001-7442-1 (en alemán)
  • T. Bartlett, Ducks And Geese - A Guide To Management, The Crowood Press, 2002, ISBN 1-85223-650-7 (en inglés)

Ligazóns externas