Célula xigante de Langhans: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 19: Liña 19:


==Ligazóns externas==
==Ligazóns externas==
* {{MeshName|Langhans+giant+cells}}
* MeshName - Langhans+giant+cells [http://www.nlm.nih.gov/cgi/mesh/2011/MB_cgi?mode=&term=Langhans+giant+cells]
* [http://www.pathology.med.ohio-state.edu/ext/MedEd/Med2Visuals/Scripts/jpegtext_1024.idc?FolderNumber=10444&Filename=PAXIT024.JPG Histology at ohio-state.edu]
* [http://www.pathology.med.ohio-state.edu/ext/MedEd/Med2Visuals/Scripts/jpegtext_1024.idc?FolderNumber=10444&Filename=PAXIT024.JPG Histology at ohio-state.edu]
* [http://pathology2.jhu.edu/cytopath/masterclass/general/Additional/1lngp13.htm Histology at jhu.edu]
* [http://pathology2.jhu.edu/cytopath/masterclass/general/Additional/1lngp13.htm Histology at jhu.edu]

Revisión como estaba o 13 de decembro de 2011 ás 21:37

Tecido de granulación cun granuloma pouco desenvolvido na parte central esquerda. Nesa área hai unha célula mutinucleada xigante do tipo de Langhans. O paciente curárase dunha infección micobacteriana na pel (infección por M. ulcerans.

As células xigantes de Langhans (tamén chamadas células de Pirogov-Langhans [1]) son células grandes que se encontran en enfermidades que producen granulomas (nódulos con macrófagos, microbios, queratina e outros residuos, que se forman en tecidos inflamados).

Orixínanse pola fusión de células epitelioides (macrófagos), e conteñen núcleos dispostos formando un patrón de ferradura de cabalo na periferia da célula. [2]

Aínda que tradicionalmente a súa presenza estaba asociada coa tuberculose, non son específicas desta doenza nin de infeccións por micobacterias, xa que poden atoparse en case calquera forma de enfermidade granulomatosa, independentemente da súa etioloxía.

Terminoloxía

As células xigantes de Langhans recibiron ese nome polo seu descubridor, o patólogo alemán Theodor Langhans (1839–1915). [3]

Non deben confundirse coas células de Langerhans, de nome parecido.

Notas

  1. "Historical reference: giant multinuclear cells in tubercular granuloma". PMID 16405098. 
  2. "Pulmonary Pathology". Consultado o 2008-11-21. 
  3. Pritchard J, Foley P, Wong H (2003). "Langerhans and Langhans: what's misleading in a name?". Lancet 362 (9387): 922. PMID 13678997. doi:10.1016/S0140-6736(03)14323-1.  Parámetro descoñecido |month= ignorado (Axuda)

Ligazóns externas